“Castigado” como coadxutor en BUEU por airear “chanchullos” do
arcebispo...
Os Reis Magos do 1914 chegáronlle a D. José Gómez
Martínez, cura da parroquia de San Jorge de A Coruña, en
forma de “carbóns”: debería trasladarse o máis axiña posible coma coadxutor á
parroquia de San Martiño de Bueu.
Este traslado
non tería importancia algunha de non ser pola relevancia cultural e social deste
personaxe e polos motivos do mesmo.
Imos tratar de
aclarar estas e outras cuestións:
-
Por que se sinala a José Gómez Martínez como
unha persoa relevante no eido social e cultural? Dicir que D. José, aparte
de por ser cura, era moi coñecido coma director do periódico católico “Eco de
Galicia” onde tamen asinaba artigos co pseudónimo ZENITRAM. E tal como
recolle algunha prensa madrileña, como o Imparcial, “… e habíase feito estimar
en todos os campos da política pola súa moita nobreza e simpatía
persoales”.
-
Cal foi o motivo real do seu traslado
“forzado” e “inesperado”? Tal como recoñece a prensa da época foi por culpa
dun artigo aparecido no seu periódico “sobre unhas oposicións a unha praza de
doutoral en Santiago, dando a entender que antes da misa do Espirito Santo, o
Espírito santo fallara a favor dun parente do arcebispo de Santiago, Sr. Martín
Herrera”.
-
Tivo impacto a súa marcha de A
Coruña? Toda a clase política, económica, xudicial,… e moitísimas persoas
non só acudiron a despedilo da Praza de María Pita senón que o acompañaron na
súa viaxe ata Santiago (primeira etapa antes de chegar a Bueu). Días antes o
Gobernador e o alcalde de A Coruña desprazáronse Santiago para “suplicarlle” ao
cardenal que deixase sen efecto o traslado.
-
Por qué a Bueu e non a outro sitio? Por
que así o poñían baixo a tutela do seu tío o abade de Bueu D. Juan Martínez
Casamade para que o “atase curto” e estivera alonxado do
xornal.
-
Coñecemos
algo seu na súa estadía en Bueu? Referencias nun artigo de Carballeira
(“Motivos: El San Martiño) e un artigo del en Faro de Vigo do 11-11-1925 (páx.
2) nas páxinas adicadas a Bueu polas súas festas patronais Pode lerse na páx. 14
de O
Candil nº 3.
Ningún comentario:
Publicar un comentario