Na “Exposición Xeral de Agricultura” celebrada en
Madrid no ano 1857 o bueuense JOSÉ REGUEIRA
consegue a medalla de Bronce na modalidade de
“Liños, cánabos, algodón, esparto e
pita” Presentouse con “liño rastrillado” de
Bueu. Quen dicía que non tiñamos liño? Habíao e do mellorciño de todo o
estado…
Máis aí non quedou a nosa
representación no palmarés xa que AGUSTÍN PLÁ
AVALLE, da praia de Beluso, presentouse con centeo, con feixón
canelillos grandes e con millo co que
acadou unha Mención Honorífica.
Con estes dous gañadores tamén expuxeron os conveciños
Benito Pastoriza con “patata colorada” e Benito
Fazanes con “feixóns
aplastados”.
Haberá quen pense que este ano foi un “foguete nunha
festa”. Pois non! Coma exemplo ver que dez anos despois deste evento o mesmo
Agustín Plá Aballe, fillo dos importantes
salgadeiros da praia de Beluso Rosa Mª Aballe e
Pedro Plá presentouse, nada menos, que na “Exposición Universal dos Productos Agrícolas
e Industriai” celebrada en Paris o 1-5-1867.
Participou no capítulo de “Legumes e froitas” co número de
expositor 154 presentou para a súa venda “feixóns” a un prezo de 0,140 escudos o quilo1.
Como podemos comprobar todo un
"canto" á agricultura competitiva e de calidade dun concello con boas terras,
auga e saber facer dos nosos maiores… Pero nestes tempos de “alegrías” e
“abundancia” vense, con tristura, hortas e campos ermos ou a monte… Como para
pensalo!
Nota: as moedas de ½
céntimo escudo acuñáronse no reinado de Isabel II (1833-1868). E nese ano
e 1868 eran de cobre, e as do 1869-70 eran de 5 gr. de prata.
Ningún comentario:
Publicar un comentario