Comeza a Semana Santa 2012...
Sen que serva de precedente e con toda a consideración
que da a distancia no tempo quero lembrar ao cura párroco de Bueu, Cándido
Masenlle, cando o día 1-7-1896 lle manda unha carta aos seus superiores en
Santiago cunha lista dos veciños de San Martín de Bueu que ese ano (1896) non
cumpliron co Precepto de comunión Pascual e como el mesmo nos di “Significándose además por sus alardes de
impiedad”. Estes eran:
“- Juan Freire y su mujer Manuela
Riobó
- Manuel y Francisco Rúa
Pazó
- Cipriano Torre (de
Noya)
- Víctor Said
Armesto (originario de Pontevedra)
- Ricardo Gómez
(Secretario del juzgado y originario de Pontevedra)
- Francisco Fernández
Agulla (herrero)
- Manuel Pablo González
(pescador)
- Abelardo Gil Marti
(fomentador)”
Os citados anteriormente non foron a comulgar pero,
entre os que foron el lla negou a varios por “concubinarios públicos a José R…” .
(que tamén cita cos seus nomes e apelidos na
carta e que non cito pois non fixeron delo “alarde de impiedade” como diría o Sr.
Cándido).
Ningún comentario:
Publicar un comentario