O
xograr Macías o Namorado era natural de Bueu (s. XIII)….
Toda a
bibliografía deste xograr/trobador cítase como nado en Padrón (ata o mesmo Johán
Carballeira o recolle nun artigo da revista Estampa). Pero será a partires do
ano 2005 onde os investigadores Miguel Romaní e Pablo S. Otero nun pequeno, pero
contundente, artigo na Revista do Museo de Pontevedra titulado : “Macías, un
juglar del s. XIII: Evidencia documental”, pretenden dar a coñecer un documento
en latín do ano 1261 conservado no AHNMadrid (Sección clero, carpeta 1859/6) e
pertencente ao fondo monástico de San Xoán de Poio. O seu interese radica en ser
o único documento coñecido en que se menciona como testemuña un Mascia iograr, o
que serviría para reafirmar documentalmente a figura de Macías o Namorado.
Segundo os autores, a orixe padronesa desta figura carece de toda base
científica, afirmando, pola contra, que, a partir dos datos ofrecidos por este
novo documento, “Mascia era natural de Bueu o de la Comarca del Morrazo” (p.
30). Así mesmo, tamén desbotan a cronoloxía proposta ata este momento para a
figura de Macías o Namorado e avogan polo ano 1262 como data en que o situaría
este novo documento. Por tanto, “si esto fuese así, habría que considerar que
Macías o Namorado perteneció al periodo más brillante de la lírica
galaico-portuguesa, en lugar de situarse, como se ha considerado hasta ahora, en
el periodo de la decadencia lírica gallega” (p. 31). Complétase o traballo coa
reprodución facsímile do documento, así como a súa transcrición e tradución para
o galego moderno, achegando ademais unha listaxe das persoas e outra dos
topónimos citados no texto, entre os que se inclúen os seguintes: Santa María de
Beluso (Bueu, PO), Bueu (PO), San Salvador de Coiro (Cangas, PO), O Morrazo (PO)
e Pontevedra.
Padrón ten unha estatua na súa honra e pon en valor ao
poeta. O concello de Arjonilla (Jaén), lugar onde morreu asasinado polos seus
amores con Elvira, celebran no mes de setembro as “Fiestas de Macías el Enamorado”
con máis de dúas semanas
de talleres e distintas actividades medievais (mercado, gastronomía, danzas, visitas teatralizadas ao castelo de Macías….).
E a
Bueu non se lle pide máis que coñeza a un poeta ao que se lle atribúen 21
cantigas, reunidas no Cancionero de Baena e que, segundo a cronoloxía revisada
polo profesor Romaní et alt., puido ser ata veciño do noso pobo e contemporáneo
do, tamén noso, Johán de Cangas.
Cantigas En Loores De
Amor de Macías, O Namorado
Con tal alto poderyo
Amor nunca fue
juntado
nin con tal orgullo e brío
qual yo uy por mi pecado
contra mí,
que fuy sandío
denodado en yr a ver
su grant poder
e muy alto
señoryo.
Con él venía Messura,
e la noble Cortesya,
la poderosa
Cordura,
la briosa loçanía;
rreglávalos Fermosura
que traya gran
valor,
porque Amor
venció la mi grant locura.
El mi corazón syn
seso
desque los sus ases vydo,
fallescióme e fuy preso,
e finqué muy
mal ferido:
la mi vida es en pesso
sy acorro non me ven.
ora de
quen
el desir ni era defeso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario