No ano 1927 a empresa Massó Hermanos
solicita autorización para “instalar na súa fábrica de conservas de peixe, unha
máquina de fabricación de Puntas de París, con destino exclusivo para as súas
necesidades” na fábrica que posúen en Bueu.
Ante a publicación[1]
oficial de dita autorización os industriais dedicados ao ramo da fabricación de
arameos e Puntas de París elevan instancia ás máis altas autoridades para que
lle deneguen á empresa Massó a dita petición aducindo os seguintes motivos:
- Porque nese momento “hai exceso de fábricas de Puntas de París que apenas traballa polo que hai unha enorme produción a prezos de coste e en cambio o consumo absorbe unha pequena parte, o que orixina un envilecemento nos prezos que é causa da grande crise que atravesa” o sector.
- Porque son bastantes as fábricas que polas razóns anteriores tiveron que paralizar a fabricación, ou están en suspensión de pagos e quebra.
- Porque co pretexto do “PROPIO CONSUMO móntanse subrepticiamente novas fábricas que perturban o mercado nacional xa que importan grandes cantidades de arameo estranxeiro aproveitándose das oscilacións do cambio e cotizan a ameaza, con evidente prexuízo da Economía Nacional”
A pesares de todas as queixas do
sector o Presidente do Consello de Ministros, de acordo co Comité Regulador da
Produción Industrial, autoriza á empresa Massó para que poida fabricar Puntas
de París. O que se publica na Gaceta do día 27 de outubro de 1927.
Nota: Grazas a Manuel Aldao pola información facilitada.