O día 19 de novembro 1933 nos xornais de Madrid, El Sol (pá. 2) e “La Libertad” (páx.7) sae
unha noticia, do mesmo redactor en Galicia que titula: “Lanzan un explosivo contra o auto dun
candidato”
Vigo 18.- Cando saía de tomar parte dun mitin
electoral no pobo de Beluso o candidato das dereitas D. Víctor Lis Quibén, un
grupo oculto na oscuridade lanzou un explosivo contra o coche. O Sr. Lis
resultou ileso e ignórase quenes poidan selos
autores.
Víctor Lis Quibén (Bós Aires 1894/Pontevedra +1963)
estaba de campaña no noso concello porque aquí había agrupacións masculinas e
femininas da CEDA de Gil Robles coalición na que estaba integrada a Unión
Regional de Dereitas (UDR) da que Lis Quibén era membro destacado.
Nestas eleccións o Sr. Lis acadou o escano no
parlamento español con máis de 67.000 votos.
A noticia é espida, pero significativa das tensións
entre as esquerdas e as dereitas máis radicais.
Perfiles de Víctor Lis:
* Destacada actuación coma dirixente da Garda Cívica de
Pontevedra que o relacionan con acontecementos luctuosos non só na contorna de
Pontevedra senón noutros puntos da provincia.
* A outra cara de Víctor Lis Quibén, capitán médico de
Sanidade Militar, publicista, investigador da etnografía e do folklore, escritor
de libros como “La medicina popular en Galicia” prologado por Fermín Bouza
Brey.
Ningún comentario:
Publicar un comentario