O
feitos ocorreron a finais de agosto de hai 74 anos, en plena Guerra
Civil.
Resumo do acontecido:
- 25
de agosto de 1938:
Mariñeiros subindo ao "José Luís Díez" |
Dous pequenos
barcos de madeira, San Fausto e Con, propiedade de Fillos de J. Barreras e con
tripulación maioritariamente morracense voltaban de pescar nas costas
marroquinas. O vapor San
Fausto patroneado polo bueuense Enrique Pereira
Castro ía diante na navegación cando a fatalidade fixo que a case
300 millas de Cadiz, a onde se dirixían, atopáranse no seu rumbo
co destructor republicano “José Luís Díez” que estaba a repostar do barco
nodriza “Saturno” ao sur de Casabranca. O patrón do "San Fausto", para evitar
problemas e estar en zona controlada polos franquistas izou a bandeira
bicolor. O destructor nese momento camuflado con bandeira inglesa e ver os
barcos coa dita bandeira e sospeitando que eran barcos de pesca armados polos
"sublevados" iniciaron manobras de ataque para o cal arriaron a bandeira inglesa
e izaron a tricolor. Ao pouco percatáronse de que en realidade eran sinples
pescadores máis decidiron facelos subir ao destructor para evitar que os
descobrisen ó chegar a porto, e afundiron as dúas embarcacións, non sen antes
coller peixe destas.
Os 24 mariñeiros
foron recluídos no sollado (piso ou cuberta inferior onde soe instalarse
aloxamentos e pañois) de
fogoneiros.
-
26/27 de agosto de 1938:
Logo o “José Luís
Díez” pon rumbo ao estreito de Xibraltar coa intención de pasalo cara
a zona republicana eludindo aos barcos leales a Franco que o vixiaban.
Foi atacado na noite do 26 ao
27 e nesta loita un canonazo do cruceiro
“Canarias” alcanza ao “José Luís
Díez” xusto no sollado onde se atopaban os mariñeiros galegos. Cun
forte escoramento de proa consegue chegar a Xibraltar onde se percatan dos danos
ao buque e das mortes e desaparición dos cadáveres dos pescadores así como do
seu garda, e dun mariñeiro do destructor enfermo...
Este relato escoiteino na
mañá de onte ao través da palabra, mesturada con moitos sentimentos, de Gaspar
Enrique Santos Pereira neto do patrón do
“San Fausto”. Como póde verse no listado dos mariñeiros que ían nos
pesqueiros capturados hai 4 de Bueu: O mencionado Enrique Pereira, Benito Pérez
Leal (do Outeiro), José Pérez Sobreira e Manuel Leal Cerviño (da
Graña).
Para máis
información: Sobre
o “José Luís Díez escribiuse, alomenos, un libro titulado “La odisea del
José Luis Diez” (1968) de Manuel Martínez Pastor. Do que lle pasou aos
mariñeiros galegos ese fatídico día 27 de agosto de 1938 pódese atopar
información no suplemento dominical do xornal “La Opinión” de A Coruña (13-02-2011) asinado por Otero
Ricart ; na páxina: "El mar, que gran tema para hablar" e noutros foros de
internet.
Como
novidade dicír que acaba de aparecer unha novela de Pedro Castilla
Madriñán titulado “Soltando amarras” onde, ademáis destes feitos
novelados, tamén aparecen as vivencias doutras xentes do mar e dos galegos
en "El Moro","Terranova", "Gran Sol"... A presentación deste libro faráse o
vindeiro día 14 de setembro en Cádiz. Esperamos que tamén poida facerse en
Bueu…
Programa de actos da presentación do libro o día 14 de setembro en Cádiz |
Nota: Moita da
información non sería esclarecida e posta en valor senón fora polo empuxe,
aportacións e bo facer de persoas coma Gaspar Enrique Santos Pereira,
José Regueira, Pedro Castilla e as aportacións de familiares
dos distintos barcos implicados no acontecido neses días de agosto de
1938 en augas do Estreito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario