Veciño de Bueu reclama a conveciños parte do
2º premio da Lotería de Nadal
O 2º premio da Lotería de Nadal do
22 de decembro de 1927 caíu no nº 50.153.
Número ao que lle correspondía 10.000.000 de pesetas.
Curiosamente o número completo foi mercado, na
administración de lotería situada no nº 6 da rúa Urzáiz de Vigo, polo apoderado
da Casa Llorente (axente navieiro e comerciante). O billete repartiuse entre os dependentes e
clientes tanto da axencia navieira como os do almacén de paquetería. Pode verse
na prensa da época que os agraciados, máis de cinco mil, repartíronse por todo
Vigo, pobos limítrofes e ata entre a maioría dos doucentos emigrantes do buque
“General Belgrano” que embarcaran con destino a Bos Aires e
Montevideo.
No noso concello tamén tocoulle unha participación á
señora María M. G.
Pero a “boa fortuna” non foi plena. Pronto lle apareceu
unha denuncia dun comerciante de Bueu que lles reclamaba 2.500 pesetas por unha
participación de 50 céntimos de peseta. A agraciada, non dando crédito, dicía
ante el juez que o veciño (P.L.A.) quería aproveitarse facéndolle unha“ ...injusta, infundada e inverosímil
reclamación...”.
Non hai constancia documentada de
como quedou a reclamación pero, polo que sei, todo apunta a que quedou en
nada...
Espero que rematedes o ano sendo agraciados coa
Lotería dos desexos cumpridos, de atoparvos cun cambio favorable na sociedade
actual, cun novo repuntar dos valores e das ilusións... De ser así contade que
vos reclamaremos, cando menos, a máis pequena que haxa para repartir entre todos
os que o queiran ser felices...
Unha aperta
Ningún comentario:
Publicar un comentario