A finais de novembro de 1920 aparece na primeira páxina do
xornal madrileño La Acción unha
noticia acontecida en Beluso. O que lle deu relevancia de carácter nacional a
un desgraciado “accidente” no rural galego. A noticia apareceu tal como pode
verse nas imaxes e que a continuación transcribo:
Vigo, 26.
No pobo de Beluso aconteceu, orixinándoo unha broma, un suceso sanguento que custou
a vida ao xove de quince años Antonio Miranda Martínez.
O feito foi
así: Regresaban de pescar varios mariñeiros. Chanceaban estes co seu compañeiro
Benito Dávila González. Este, indignado, colleu do chan unha pedra de bastante
tamaño e lanzou con forza contra o grupo de pescadores.
A pedra feriu
ao xove Miranda na cabeza, de tal gravidade, que faleceu pouco despois.
Segundo o
ditame facultativo, a pedra partíralle o cranio.
Dávila
ingresou no cárcere.