Un 11 de novembro de 1923, un puñado de veciños de
Bueu na Arxentina constitúen unha Sociedade que os representara socialmente como
colectividade numerosa que eran.
Os inicios foron entusiastas e parecía que ían
competir en relevancia a outras similares que comezaran a proliferar na
emigración por esas datas. Máis “cousas imprevistas malograron ese esforzo ata
que quedou en nada”. Pasarían un poucos
anos ata que non se retomara a idea da reorganización e no novembro do 1932
comezouse co mesmo entusiamo que nove anos antes pero, como o directivo José Paz
recoñece, “tamén cos mesmos defectos, coa diferenza de que puido sobrevivir”
máis tempo grazas á “obra serena e metódica dunhas boas comisións directivas”.
Durou máis de 36 anos.
Unha
das actividades máis relevantes ao longo do ano era o “Gran Xantar e Baile” que
nas datas do San Martiño se facía para celebrar a festa do patrono de Bueu.
Todavía no ano 1968 celebrábase ese xantar como pode apreciarse na invitación
seguinte
Ningún comentario:
Publicar un comentario