As festas dos mozos de Bueu non foron
patrimonio das nosas parroquias xa que noutras da contorna tamén víñanse a
celebrar e ata perduraron máis no tempo. A data exacta do inicio da Festa dos
Mozos en Bueu non consta documentalmente pero si pode dicirse que foi entre 1888
e 1895 cando se puxeron de acordo, para tratar de unir ás súas mocidades, os
curas de Bueu e Beluso, D. Cándido Alvarellos Arjomil e José Antonio Ferro
Baliño.
Por sorte, para
documentar estas autorías quedounos un artigo de Luís Dueñas no diario
pontevedrés La Correspondencia Gallega no setembro do 1905 que a continuación
transcribo:
“A festa dos mozos”
“Así se
chama a que, a inspiracións dos Curas párrocos de Bueu e Beluso, Sres. Alvarellos,
de grata memoria, e Ferro, de xerais simpatías, fundouse hai algúns anos nestas
parroquias, e que agora, despois dunha curta, inxustificada interrupción, volve
celebrarse nesta vila, con maior animación e entusiasmo, grazas á actividade
dos mozos solteiros, á cooperación do Liceo de Artesáns, e á subscrición
popular, xenerosamente apoiada por estes veciños.
Estas
festas de Xullo, como o dixo La
Correspondencia Galega, foron fermosas manifestacións de entusiasmo popular
e social, con esfumados perfís, de
movemento relixioso, a animación non decaeu un momento durante o tres días; e
de todos os números do festival, como se dicía antigamente, foi admirablemente
cumprido o das regatas marítimas, sorprendente espectáculo, que deixará indeleble
recordo e grata memoria neste país. Eu que afago probar coa infalible
estatística do número, tomei ao oído a cifra de catro mil pesetas, que se gastaron nestas festas, é dicir; tanto
como en Vigo e Pontevedra nas do Cristo ou da Peregrina.
Podemos asegurar, e desde logo predicímolo,
que a mocidade e o Liceo de Artesáns de Bueu sinalarán con pedra branca, como fausto
acontecemento, este ensaio de rexeneración no fermoso chan que encerran e
dominan os montes de Udra, A Esculca e Liboreiro.”