8 de dec. de 2012

Nomeárono alcalde dúas veces...

O alcalde Camilo Davila Davila foi nomeado polo poder central coma recambio de alcalde en dúas lexislaturas cruciais:

  1925-30  substituíu a  Luis Jesús Prieto García:

Na Dictadura de Primo de Rivera (1925-1930) un dos cambios que houbo foi a de destituír a aqueles representantes non afíns ao goberno e isto veuse reflectido en Bueu tal como podemos ver en El Sol (30/11/1925 na páx. 6), “O delegado gubernativo destituiu ao Concello (de Bueu) e nomeo outro no seu lugar, presidido por D. Camilo Davila”.

  1936-37  substituíu a  José Gómez de la Cueva (Johán Carballeira):

O día 22 de xullo de 1936 o alcalde José Gómez de la Cueva é conminado pola Subdelegación de Mariña de Bueu a cesar. Nun primeiro momento o propio subdelegado, Gonzalo Torrente, asume o cargo ata que o 23 de setembro é posto Camilo Davila Davila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario