Reflexións semellantes a
esta me fan lembrar unhas “acusacións” sobre o intento de adquisición directa
por parte do Estado da illa de Ons...,
... que xa dende finais
dos anos vinte do século pasado comézase unha campaña, nos medios de
comunicación e círculos políticos, de socialización e busca de alternativas á
Illa de Ons apoiada por amigos e influencias da familia Riobó, propietaria da
mesma[1].
Todo foi encaixando ata
que no outubro do 1935 o goberno do estado decidiu, en Consello de Ministros,
decretar a creación dunha casa para vagos e malfeitores en Alcalá de Henares e un
campamento agrícola coa mesma finalidade na Illa de Ons.
Días despois de saír o Decreto aparecen nos xornais
“El País” de Pontevedra e logo nos “La Libertad” de Madrid e “El Pueblo
Gallego” a noticia do “Raro asunto da venda da Illa de Ons”, “amaños”
ou “affaires”… Ata aparece o nome dalgún político implicado.
A raíz deste “escándalo” o Consello de Ministros do 6-2-1936 recúa anulando o Decreto 23/10/1935 relativo á adquisición directa da illa de Ons (Pontevedra) para a instalación da dita colonia agrícola penitenciaría de vagos e malfeitores.
Nota: Dado que a
información oral recollida ao longo dos anos é contraditoria, a documentación oficial
pouco aclaratoria e a cascada lutuosa dos acontecementos no panorama nacional,
e en particular da illa de Ons, en momentos posteriores á anulación do decreto
citado sexa relevante fai que non me decante abertamente por darlle algún dos cualificativos
dos que se din nesta entrada. Pero, como cando se fala “que ninguén cre nas bruxas, pero haber...”
[1] Cambeiro (novembro de 1928), Carballeira
(“El problema social de la Isla de Ons”-1932 e “400 colonos isleños quieren las
tierras-1933 en “El Pueblo Gallego”; “La
primera y única finca que se va a expropiar” coa reforma Agraria en Galicia –
“Estampa” 1932), Joaquín Pesqueira (en 1930), etc. Dicír que todos eles son alleos
a complóts directos con posíbeis “pelotazos especulativos” máis ben escriben
por amizade e razóns sociais. O que non é óbice para que outros se
aproveiten...