Na noite de onte houbo a presentación do libro “Soltando amarras” de Pedro Castilla
Madriñán… serviu tamén como un acto no que se fixo memoria, puxo en valor, sacou
do esquecemento e manifestaron reivindicacións históricas e familiares dos
mariñeiros do San Fausto e O Con que por mor do malos fados morreron nun combate
de estratexias na que a rolda dos ventos os confinou nun momento e lugar que
eles non decidiran. Tamén presentouse como unha homenaxe aos mariñeiros en
xeral, e aos que tiveron que partir para outros mares (especialmente na
Andalucía e máis concretamente na provincia de Cádiz de onde é natural o autor e
onde residen os morracenses protagonistas da mesma: Gaspar Santos, Vicente Otero
e Antonio Otero).
O historiador José Regueira Ramos presentou de forma
maxistral, didáctica e con ampla
documentación, os tráxicos feitos ocorridos, na madrugada do 27 de agosto do
1938, aos 24 mariñeiros galegos.
Logo veu un acto moi emotivo de
recoñecemento ás vítimas do esquecemento e aos seus familiares. E, por se a emoción fora pouca, encheuse coa
presenza e testemuña de sor Manuela como filla do falecido patrón da “pareja”
San Fausto e O Con, o bueuense Enrique Pereira Castro e Mª de los Ángeles
Pereira coma neta do mesmo.
Como autor de “Soltando amarras”, Pedro Castilla
Madriñán, deu as claves do seu libro onde a mestura de ficción e historia
poñíanos frote ás vivencias personais de amigos alí presentes e coa
reivindicación da verdade dos feitos ocorridos a veciños destas
terras.
Remataron as ponencias coas palabras do Sr. Alcalde de
Bueu dando o respaldo institucional a actos culturais e sociais coma este e
posicionandose contra calquera tipo de barbarie e pedindo a toma de partido por
parte da sociedade contra calquera tipo de violencia incluída as accións bélicas
do estados.
Como resposta
positiva ao homenaxe do pasado 9 de novembro, Sor Manuela, en nome do seu pai de
Enrique Pereira Castro patrón do san Fausto, envioulle ao seu sobriño Gaspar un
belo poema de agradecemento por todos os traballos de recollida de material,
posta en valor dos mesmos, perscudas feitas, libro,
homenaxes…:
A mi nieto GASPAR
Un santo orgullo invade mi ser
por ti, Gaspar, por tu
bondad,
por tu tesón e
interés
en descubrir la
verdad
de nuestro embarque
final,
y a todos darla a
conocer.
Este gozo es
compartido
por todos mis
compañeros,
por tu abuela, tus
padres y tíos.
Pero sobre todo por
Dios
que bendice tu
camino
de humildad y de hilar
fino.
A lo largo de tu
vida
nuestra protección
tendrás.
Dificultades y
cruces
con ellas has de
contar;
pero tendrás
fortaleza
y no perderás la
paz.
Tira siempre hacia
delante,
con la mirada en lo
Alto
y con el corazón
abajo:
en tu mujer y
familia,
amistades y
trabajo.
Esto te dará
descanso.
Con todo el cariño de tu abuelo
Enrique
Nota:
*
Para ver a entrada
explicativa da Traxedia de Xibraltar aparecida neste blog en agosto premer
aquí.
* Vídeo no que se pode ver a Mª Ángeles
Pereira lendo o poema "Homenaje, 74 años después". Gravado e posto en youtube e no seu blog por Emilio Rodríguez Miranda.
Únicos sons que puiden "recuperar" do día da presentación, en Bueu, do libro "Soltando amarras":
* Sor Manuela Pereira
* Mª de los Ángeles Pereira
* Presentación de Pedro Castilla
* Pedro Castilla (autor do libro)
* Sr. Alcalde: Félix Juncal (incompleto)
Ningún comentario:
Publicar un comentario