Moitos de vostedes
estrañaranse do titular pero está documentado que no lugar de Petís
celebráronse verbenas ao longo de moitos anos na honra do seu patrón, San
Pedro. Isto está constatado no primeiro cuarto do século XX.
“La verbena de Petis.- Promete
sobreponerse a la de todos los años, esta tradicional y sin par verbena, a
juzgar por el entusiasmo existente por parte de la comisión encargada de la
organización de la misma, así como también el decidido apoyo de aquel simpático
vecindario.
Oportunamente daremos a
conocer el programa completo de las fiestas que en honor de su Patrono, San
Pedro celebrará el barrio de Petis”
Como xa citei na entrada do
23 de xuño do 2013 titulado “San Xoán en Bueu fai 100 anos” no barrio de Petís,
“diante da fábrica de don Juan Tapias [donde
están actualmente los pisos de Alonso en Pescadoira], houbo, como todos os anos, verbena con fogos
artificiais e baile...”
Contrastando
estas e outras informacións ao respecto non é moi erróneo pensar que a noticia
de San Pedro coma Patrono de Petís é un “lapsus” do correspondente do xornal. E
o que si é certo que durante un tempo houbo verbena en Pescadoira que tiña a
súa orixe e ata no ser costeada na súa máis grande parte polo industrial
conserveiro anteriormente citado, Juan Tapias, que así viña a celebrar o seu
santo[1]
e que, por inercia, esta perdurou unha década máis nos días das “fogueiras”.
[1]
Ata
un deses anos chegou a doar “unha das
lanchas grandes do arte, que a pesares de ter anos, aínda serviría para
traballar”. Tapias morreu en Pescadoira o 16 de novembro do 1919