28 de dec. de 2014

Manuel A. Bares mercou un coche en 1930

Para quen non se lembre de Manuel Antonio Bares Giráldez (Bueu 1855-Mercedes 1945) dicirlle que era irmá de Matilde Bares e sobriño de Ramón Bares. Mestre de profesión que emigrou á Arxentina onde fixo fortuna e xogou un papel importante como banqueiro, empresario, xornalista e escritor.
O xornal El Correo de Galicia do domingo 15-12-1929 na súa páxina 14 da a noticia, “logo de larga estancia na capital arxentina, chegou a Bueu coa súa distinguida familia, o ilustre polígrafo e escritor, doutor D. Manuel Bares Giraldez”.
Non era a primeira vez que Manuel A. Bares e a súa “distinguida familia” viñeran de vacacións a Europa xa o fixera en agosto de 1912 e ata estivera en Bueu con Miguel de Unamuno, da man do amigo común, Víctor Said Armesto.
Mais esta vez chámame a atención algo tan banal e insólito como mercar un coche, o digo polas circunstancias da súa visita tanto temporais como afectivas. Efectivamente, Manuel A. Bares matriculou en Madrid no mes de maio de 1930 un coche marca Chysler que tiña a matrícula “37962” domiciliado na rúa Espronceda.
Faltan un minutos para rematar o día dos Santos Inocentes o digo para aseverarlles que todos os datos expostos son certos…  

21 de dec. de 2014

Nadal en Ons… pero inaugurado en Pontevedra

Navidades craras na illa de Ons!
Que a luz eléctrica non é algo que estea permanentemente presente nas noites da illa de Ons é algo que todo mundo o sabe. Que as noites sen luz ao longo de meses tamén o coñecen os insulares de Ons. Que a veces os políticos crearon ilusións que o tempo ou o “temporal” desbarataron ou simplemente deixaron no esquecemento… tamén o coñecen.
Unha desas veces na que por fín na illa comezaban a ver que se facía algo de “luz” e non meras promesas foi cando o 9 de decembro de 1958 achegáronse ata Ons, para preparar o transporte dun grupo electróxeno, Pedro Ruibal Sabio Inxeñeiro-xefe da Delegación de Industria, o Perito Industrial Teodoro Gradín, con dous oficiais montadores e Diego Pazó, con personal dos seus talleres.
A súa inauguración ía ser fixada para o “día solemne da Noiteboa” e así lograr “a altamente social e cristiá iniciativa de electrificar Ons”. Mais “ao tratar seguidamente do embarque da maquinaria e materiais atopámonos con que, non só o temporal de auga e mar impedían toda comunicación marítima coa illa, senón que os dous montadores alí desprazados quedaron nela aillados” e xa era o día 21 e aínda seguía o porto pechado,  polo que decidiron montalas nun local de Pontevedra “ para que se poñan en marcha como se estiveran funcionando na illa e sexan bendecidas nun acto que terá lugar o día 24”.
Características do grupo electróxeno:
·        Un motor a gasoil de 40 cabalos
·        Un alternador de 2º KVA (preto de 30 cabalos)
·        Un transformador de 3º KVA
·        Un baño de aceite illante (para elevar a tensión da rede e protexer o alternador)
·        Dous cadros de mandos (para alternador e rede de distribución)
·        2.500 m. de liñas xerais (fora posta dende setembro)
·        Todo tivo un presuposto de 450.000 ptas.

14 de dec. de 2014

Requisa de máquinas de coser en Bueu

En maio-xuño de 1938 estiveron requisadas todas a máquinas de coser do concello de Bueu coa intención de que durante os días 27 de maio ao 9 de xuño se confeccionaran prendas de vestir para o Exercito nos Talleres que Falanxe Española Tradicionalista e das J.O.N.S tiña habilitados para elo.
Un exconcelleiro negouse a facer entrega da súa máquina de coser polo que foi denunciado, polo Xefe Local de Falanxe, ante o alcalde que o cominou a entregala e de non facelo sería acusado de “falta de cooperación á Causa Nacional” o que levaría consigo penas moi graves. 

5 de dec. de 2014

Concello de Cela 1812-1824

No futuro próximo aparecerán na web "Documentación de Bueu" unha pestana onde fale ou poña cara aos alcaldes do concello de Bueu.
Pero o que agora quero comentar ten que ver co Concello de Cela. Si lestes ben, Concello de Santa María de Cela que de “facto” constituíuse o 5 de outubro do 1812. Os seus inicios foron bastante dificultosos para os representantes do mesmo que foron cominados a disolverse, cousa á que non accederon e lles supuxo ser arrestados, polo tenente Xeral Marqués de Campo Sagrado, e conducidos a Santiago. Foron liberados uns días máis tarde tras facerlles pagar as costas e unha multa. O concello puido quedar constituído, pese as presións recibidas, por cumprir a Lei Constitucional de posuír máis de 1.000 habitantes e Cela contaba no 1813 cun censo de 1.630 habitantes.
Pouco máis coñeceríamos dese concello de non ser polo celo dos entón fundadores e directivos[1], da Asociación Danzadeira de Bueu que, rescataron dun contedor de lixo papeis “vellos” e que ao lelos quedaron co que lle pareceu relevante.  Un destes é  “Unha nota dos papeis que entregou o Alcalde e Secretario Constitucional suprimido da Parroquia de Cela” ao xuíz ordinario da Vila de Cangas cando deixou de ser concello Cela en 1824.
A transcrición do papel feita por un dos mesmos “rescatadores” é:

Nota de los papeles que entregó el Alcalde y Secretario Constitucional suprimido de la Parroquia de Cela
a saber
Un Legajo en que se comprenden las órdenes recibidas por aquel Ayuntamiento en el año pasado de mil ochocientos y veinte, compuesto de ciento cincuenta y una hojas útiles…………………………………………………………………………
Otro Legajo en que se comprenden las órdenes recibidas por dicho Ayuntamiento en el año de mil ochocientos y veinte y uno compuesto de ciento setenta y tres hojas útiles…...........................
Otro Legajo en que se comprenden las órdenes recibidas en el año de mil ochocientos y veinte y dos compuesto de doscientas cuarenta y nueve hojas………………………………............................
Otro de dichos Legajo de órdenes recibidas en el año pasado de mil ochocientos y veinte y tres compuesto de treinta y tres hojas útiles…………………………………………...
Otro Legajo en que se comprenden los oficios recibidos por dichos Ayuntamientos suprimidos durante los cuatro años de su ejercicio compuesto de ciento cuarenta y siete de dichos oficios……………………………………………
Más cuarenta edictos en otro Legajo que habían recibido para fijar al Público…………...........
Un mazo en que se comprenden las Actas de renovación de Ayuntamiento compuesto de ocho hojas…………………………………………….
Otro en que se comprenden diez y siete conciliaciones que habían Acusado en dichos cuatro años…………………………………………………........
Más Cinco Autos de Acuerdo de dichos Ayuntamientos suprimidos………………………...............
Un ejemplar de la Instrucción para el reemplazo del ejercicio dispuesto por la Diputación Provincial de Galicia………………………………….............................
Entregados los Papeles en los mazos que comprende el Inventario de Arriba por Domingo del Río, Alcalde suprimido de la Parroquia de Cela, en el año pasado de mil ochocientos veinte y tres acompañado de Antonio Morales, Secretario que era de aquel Ayuntamiento Abolido, en la villa de Cangas a once de septiembre de nil ochocientos veinte y cuatro, y lo firman conmigo=

Domingo del río                                             Antonio Morales,,
firmado y rubricado                                      firmado y rubricado

como juez Rlordinario
Ramirez de Sn. Vicente
firmado y rubricado


[1] Belarmino Barreiro, José Carlos Durán, Manuel Verde e José Verde.

30 de nov. de 2014

Sociedade de Bueu fiel á República

No xornal ABC, cando este era “Órgano de unión republicana” aparece en primeira páxina do 21-11-1937 e baixos os titulares: “España na Arxentina - OS FIEIS Á REPÚBLICA ESPAÑOLA” un longo listado de entidades e persoas que queren mostrar a súa adhesión ao goberno de España. Entre esas entidades está a sociedade  Unidos del Ayuntamiento de Bueu”.
O texto que encabeza a listaxe e que todas asinan é o seguinte: ”Sociedades españolas que expresaron a súa adhesión ao Goberno lexítimo de España e a súa protesta contra a invasión da Patria por tropas estranxeiras

22 de nov. de 2014

Veciño de Bueu loita cun can rabioso

De cando en vez aparecen na prensa unha serie de prohibicións dirixidas aos donos de mascotas, principalmente cans: non utilizar a praia na época estival, igualmente cos parques infantís, limpar excrementos, ir atados e con boceira se son de razas, etc. Cando a norma para ter (non posuír) mascotas, fillos,… debese estar regulado de forma natural, entre outros, polo sentido común pero como non adoita ser así apelo á lema das asociacións de amigos dos animais: “Tenencia responsábel”.
Como contrapunto, recoñezo que un tanto macabro, particípovos dunha noticia aparecida no ABC, Sevilla 13-11-1930, falando do ataque a un veciño de Bueu por parte dun can abandonado con síntomas de hidrofobia.
Polas festas de San Martiño E.M.P., “cando se dirixía á verbena, viuse acometido por un can hidrófobo, e entre el e o animal estableceuse unha loita desesperada.
O can mordeu no peito, e Enrique aproveitou aquel momento para suxeitarlle fortemente a cabeza, cortándolla cunha navalla que levaba no peto.
Enrique presentouse na casa do médico da localidade, sangrando abundantemente, e levando na man a cabeza do can”.
Sen comentarios!

6 de nov. de 2014

Inauguración do cine “Victoria” en Bueu

O día de San Martiño de 1920 inaugurouse en Bueu o cine “Victoria”[1] que como anunciaba a prensa foi o “primeiro salón cinematográfico estable da vila. Dispoñendo dun proxector Power nº 6B con indutor, fabricado en Norteamérica”.
O seu propietario, José Cornide González, prometeu ”contribuír o mellor posible á divulgación do Sétimo Arte, aínda en mantillas como quen di…”
D. José Cornide foi Secretario do concello dende novembro de 1909, definitivo dende 1914, ata 1925 en que dimitiu e foise ao concello de O Valadouro-Lugo. A consecuencia
José López Díaz e a súa dona Carmen Gelpi
disto o cine estivo pechado dous anos ata que un amigo seu, José López Díaz ("Forneiro"), alugoullo con todo o que nel había (aparato e accesorios, piano, mobiliario, etc.) por cinco anos a 1.350 ptas (8,11 €) cada ano.
Cando remataron estes cinco anos o señor Cornide vendeullo a José López Díaz por 6.750 ptas (40,57 €).
De 1954 a 1977 o propietario foi o mestre José Martínez Camiña que para regular a súa actividade presentou un proxecto con memoria e planos do arquitecto Emilio Quiroga Losada.
A partires de 1978 pasa a ser propiedade dos irmáns José e Luís Carballo ata que cesou a actividade oficialmente o 30 de novembro de 1984.



[1] Así chamábase unha das súas fillas.

26 de out. de 2014

Prohibido circular a máis de 10 km/h en Bueu

“Prohibición de circulación de automóbiles, con exceso de velocidade, e coa válvula de escape aberta”
Sendo alcalde Camilo Davila no marzo de 1929, e por ser frecuente o paso pola vila de automóbiles a grande velocidade (máis de 10 km/h) e/ou facendo un grande ruído por levar a válvula de escape aberta é polo que decidiu :
1º Notificar unha serie de normas, ao través do Garda Municipal Manuel Palmeiro, aos condutores e propietarios de automóbiles deste concello señores Barreiro, Manuel Ríos Pérez, Segundo Filgueira, Benito Estévez, Gabriel Álvarez, José Cerqueiro, Ernesto Piñeiro, Francisco Cabanillas, Alejandro García, Escáneo, Attilio Gaggero e Eugenio Novas Budiño.
2º Publicar estas normas como PROVIDENCIA ou disposición preventiva para conseguir seguridade e tranquilidade nas rúas do pobo e así evitar ser sancionados con multas por:
·        Circular a máis de 10 km/h dentro do casco do pobo
·   Por producir ruídos ou trepidacións anormais ou por non utilizar dispositivos silenciosos
Se a pesar de ser multado reincide logo a pena elévase como “desobediencia á autoridade”

20 de out. de 2014

Bueu fede a polbo a secar

  A raíz de que o Axudante de Mariña de Bueu ordenou fosen desfeitas as embarcacións inservibles que había na Praia para que esta quedara limpa o xornalista de El Adelanto (20-10_1912) aplaude esta medida pero queixándose de que a orde non sexa xeral a todo tipo de embarcacións, así como  a toda á Praia.
A continuación fai unha denuncia expositiva dalgúns lugares “que tamén serven de estorbo e son focos, ademais, de toda clase de inmundicia e enfermidadescomo os da Banda do Río que ten “na praia uns rolos de piñeiro, secadoiros de polbo e cheas de leña.
Fai fincapé especial nos “secadoiros de polbo en todo tempo e máis no verán cando o rico molusco áchase en cura, despide un cheiro nada agradable nin de moi bo efecto” e anima ás autoridades a que lles indiquen aos “tratantes sitios mellores para a súa seca nas diferentes praias deste termo, onde non prexudicaría a ningún veciño pola distancia de punto habitado, nin tampouco obsequiarían aos transeúntes con tal esencia de rosa...
Nisto da limpeza e hixiene pediremos sempre, machucaremos todos os días, aínda que parezamos pesados, polo que afecta o ornato público e ao interese que temos en que o pobo de Bueu apareza limpo e respírese aire san sen perigos de miasmas deletéreas, de tanto microbio como actualmente axéxanos en cada recuncho e por calquera parte do pobo, sobre todo na praia, (salvo contados sitios) onde non é posible mirar sen apartar a vista con noxo e fixarse moito onde se pon o pé…”
A o alcalde lle pide que siga as pegadas do Axudante e así converterá o pobo de Bueu nunha “taziña de prata”.

11 de out. de 2014

Outro naufraxio en Bueu

O semanario republicano de Pontevedra, El Combate do 15 de outubro 1899 na páx. 2, da a noticia de “Outro naufraxio” pero queixándose da actitude de deus ante a desgraza dos pobres mariñeiros en contraposición á que o xornalista supón que ten cós “patróns da barca política”. Tamén se lamenta de pouca solidariedade coas familias afectadas.
Transcrición da noticia xornalística:


“Outro naufraxio”
En Bueu naufragou unha lancha onde ían seis pescadores. Era de noite, e un forte e repentino empuxe do vento volveu de quilla a embarcación, salvándose os dous mariñeiros que uno a proa e outro a popa ían alerta, e perecendo o catro que durmían no camarote.
A morte deste catro infelices debeu ser horrible.
Ao día seguinte apareceron no seu mesmo dormitorio os catro cadáveres, contraídos nas formas máis violentas.
Deus, que salvou de tanto naufraxio a Sagasta, Martínez Campos, Silvela e demais patróns da barca política, que tanto dano fixeron a España, non quixo salvar a ese catro homes inofensivos e útiles, que se dedicaban precisamente ao cumprimento do precepto bíblico: “gañarás o pan coa suor da túa fronte”
Non habemos de penetrar os designios dunha divina providencia que aos nosos profanos ollos preséntase tan caprichosa e anómala, e séxanos permitido derramar unha bágoa de dor por eses catro mártires do devandito precepto bíblico, e dirixir unha mirada de solidaria pena ás viúvas e orfos dos afogados.
Non podemos facer outra cousa nesta sociedade inxusta.
Os Sres. Massó iniciaron unha subscrición a favor das familias das vítimas, que alcanza a algúns miles de reais.
Se houbese cristiáns nesta terra de católicos, xa ascendería a varios miles de duros.
E non dicimos máis.

26 de set. de 2014

Bueu e o Ferrocarril

En xuño de 1888 o ministerio de Fomento inclúe no Plan Xeral a construción dun ferrocarril de vía estreita que partindo do porto de Bueu remate en Cangas do Morrazo.
Se nos remontamos ao ano 1904 algúns xornais coma “La Correspondencia Gallega“ (Diario de Pontevedra do 2-12-1904) fanse eco dos intereses para o pobo galego e, entre, eles está a do Ferrocarril para o “desenvolvemento de canto coa agricultura, o comercio á industria se refire”. Tanto é así que da fe dos proxectos dos ferrocarrís secundarios que deberían construírse en Galicia citando unha a unha ás comarcas nas que deberían levarse a acabo.
Case todos os proxectos quedan no esquecemento pero no ano 1946 atopámonos cun Concurso para dotar a Bueu dun Despacho Auxiliar de “encargos e mercadorías en grande e pequena velocidade entre a estación de Pontevedra” e Bueu.

E posteriormente nos anos cincuenta do século pasado aínda estaban polo labor os concellos afectados. Tal é o caso que xa no xuño do 1951 o concello de Bueu toma un acordo unánime a favor do proxecto:

No ano 1953 segue o liderado do concello de Cangas, na busca de solucións políticas, que segue a ser amparado polos alcaldes dos concellos limítrofes.
Ao final, como se pode constatar, só chegou a construírse decenios despois a liña de tren Pontevedra-Porto de Marín que sería inaugurada o 10 de xuño de 2002. 

13 de set. de 2014

Utilizar a praia de Bueu para as mercadorías

A Praia de Bueu, areal precioso dun quilómetro de longo sucado por máis de tres regatos que como veas aportaban os elementos necesarios para que os bivalvos fosen abondosos e que algunhas anguías e troitas aventúrense ata o Canudo e o río Portela. Tamén contan que ata reos, outros din que troitas “arreadas”, andasen preto da Finca do Cura.
Isto ocorría ata principios do s. XX pois a praia era utilizada sobre todo para botar a arte, descargar o peixe, secar as redes e subir os barcos. Pero había unha demanda entre os comerciantes que tiñan que ir a outros portos, Marín fundamentalmente, a descargar mercadorías.
Sendo alcalde Agustín Gelpí Serra concedéuselle a Bueu o solicitado ao goberno polo grupo de fomentadores da salga: poder habilitar a Praia para o embarque e desembarque de produtos do país. Esto foi resolto co Real decreto do 22 de agosto de 1872 e publicado no Parte Oficial da cancelaría do ministerio de Estado o día 28.
Dado que Bueu non tiña porto, foi un fito importante para o pobo pois aínda que había as limitacións de necesitar autorización da aduana de Marín, xa recaía a responsabilidade de vixilancia e control no posto de carabineiros de Bueu.

1 de set. de 2014

Demanda dun cura ao coadxutor de Bueu por débedas

Aló polo agosto do ano 1900, o coadxutor de Bueu, D. Manuel Carreiro Martínez é denunciado polo tamén cura ecónomo de Sta María de Tourón D. Zoilo Poza Lueiro para que lle pague a débeda de 8.018 reais equivalentes a 2.004,5 pesetas (hoxe uns 12,04 €) que había contraído cando era coadxutor de Mourente.
Os cartos débense por préstamos e pagos que facilitou D. Zoilo ao coadxutor de Bueu. Laméntase o señor Zoilo, que sendo os dous curas teña que acudir ao xulgado e que o fai pola “resistencia pasiva” de D. Manuel Carreiro.  
O curioso é que o coadxutor di que non son certos os feitos e que non lle debe nada a dito demandante.

O representante legal de D. Zoilo, que en todo momento quería solucionar o caso de xeito amigábel, ante estes feitos desprega unha longa batería de preguntas onde expón con todo luxo de detalles, nomes, lugares, motivos, cantidades, todos os préstamos e o porque dos mesmos (case sempre por dificultades económicas da familia do coadxutor o por herdanzas). Incluso mencionou que, de non habelo axudado, este afogado polas débedas íase marchar para América e que grazas á axuda, como cura e amigo, puidera facer fronte a case que todos os pagos.
Non sabemos cal era a cara que puña o coadxutor mais si que se afirmou nas súas primeiras palabras de que non tiña débeda ningunha co demandante.
O resultado do xuízo posterior a esta avinza descoñecémola…  “Amiguiños, si, pero a vaquiña polo que vale

Demanda dun cura ao coadxutor de Bueu por débedas

Aló polo agosto do ano 1900, o coadxutor de Bueu, D. Manuel Carreiro Martínez é denunciado polo tamén cura ecónomo de Sta María de Tourón D. Zoilo Poza Lueiro para que lle pague a débeda de 8.018 reais equivalentes a 2.004,5 pesetas (hoxe uns 12,04 €) que había contraído cando era coadxutor de Mourente.
Os cartos débense por préstamos e pagos que facilitou D. Zoilo ao coadxutor de Bueu. Laméntase o señor Zoilo, que sendo os dous curas teña que acudir ao xulgado e que o fai pola “resistencia pasiva” de D. Manuel Carreiro.  
O curioso é que o coadxutor di que non son certos os feitos e que non lle debe nada a dito demandante.

O representante legal de D. Zoilo, que en todo momento quería solucionar o caso de xeito amigábel, ante estes feitos desprega unha longa batería de preguntas onde expón con todo luxo de detalles, nomes, lugares, motivos, cantidades, todos os préstamos e o porque dos mesmos (case sempre por dificultades económicas da familia do coadxutor o por herdanzas). Incluso mencionou que, de non habelo axudado, este afogado polas débedas íase marchar para América e que grazas á axuda, como cura e amigo, puidera afacer fronte a case que todos os pagos.
Non sabemos cal era a cara que puña o coadxutor mais si que se afirmou nas súas primeiras palabras de que non tiña débeda ningunha co demandante.
O resultado do xuízo posterior a esta avinza descoñecémola…  “Amiguiños, si, pero a vaquiña polo que vale

23 de ago. de 2014

O "asunto" dos cartos para mercar a Illa de Ons

Agora que as xentes do noso país están afeitas a ver nos medios de comunicación todo tipo de “asaltos” aos cartos públicos cometidos por algúns políticos ou tramados estremeiros coa política podemos pensar que é algo puntual no tempo. Se nos informamos ben darémonos conta que é algo de todas as épocas e non por iso menos desprezábel.
Reflexións semellantes a esta me fan lembrar unhas “acusacións” sobre o intento de adquisición directa por parte do Estado da illa de Ons...,
... que xa dende finais dos anos vinte do século pasado comézase unha campaña, nos medios de comunicación e círculos políticos, de socialización e busca de alternativas á Illa de Ons apoiada por amigos e influencias da familia Riobó, propietaria da mesma[1].
Todo foi encaixando ata que no outubro do 1935 o goberno do estado decidiu, en Consello de Ministros, decretar a creación dunha casa para vagos e malfeitores en Alcalá de Henares e un campamento agrícola coa mesma finalidade na Illa de Ons.
Días despois de saír o Decreto aparecen nos xornais “El País” de Pontevedra e logo nos “La Libertad” de Madrid e “El Pueblo Gallego” a noticia do “Raro asunto da venda da Illa de Ons”, “amaños” ou “affaires”… Ata aparece o nome dalgún político implicado.



A raíz deste “escándalo” o Consello de Ministros do 6-2-1936 recúa anulando o Decreto 23/10/1935 relativo á adquisición directa da illa de Ons (Pontevedra) para a instalación da dita colonia agrícola penitenciaría de vagos e malfeitores.

Nota: Dado que a información oral recollida ao longo dos anos é contraditoria, a documentación oficial pouco aclaratoria e a cascada lutuosa dos acontecementos no panorama nacional, e en particular da illa de Ons, en momentos posteriores á anulación do decreto citado sexa relevante fai que non me decante abertamente por darlle algún dos cualificativos dos que se din nesta entrada. Pero, como cando se fala “que ninguén cre nas bruxas, pero haber...


[1] Cambeiro (novembro de 1928), Carballeira (“El problema social de la Isla de Ons”-1932 e “400 colonos isleños quieren las tierras-1933 en “El Pueblo Gallego”;  “La primera y única finca que se va a expropiar” coa reforma Agraria en Galicia – “Estampa” 1932), Joaquín Pesqueira (en 1930), etc. Dicír que todos eles son alleos a complóts directos con posíbeis “pelotazos especulativos” máis ben escriben por amizade e razóns sociais. O que non é óbice para que outros se aproveiten...

9 de ago. de 2014

Víctor Said Armesto na Illa de Ons

Fai menos dun mes que vense de conmemorar o centenario do pasamento dun insigne polígrafo[1] o “noso paisano” Víctor Said Armesto (Pontevedra, 1871 - Madrid, 1914). Ao longo dos próximos meses celebraranse unha morea de actos: Simposios, conferencias, mesas redondas, etc.  co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra, Museo do Pobo Galego e Fundación Barrié. Todo elo para sacar do inxusto esquecemento a unha figura senlleira do pasado e presente intelectual da nosa cultura.

Xa no xaneiro de 1996 demos a coñecer nun monográfico da revista O Candil do Colexio Público de Bueu[2] unha biografía de Víctor Said na que quixemos rescatar do esquecemento e pór en valor o seu legado que entre outra “axudou a dar sentido á nosa cultura”.
A súa relación con Bueu é moi ampla por razóns familiares e de longas estancias no pazo do Casal de seus avós maternos. O resumo que del fai o xornalista J. Pesqueira o define moi ben: “... grande parte do prestixio que rodea o nome e memoria de Víctor Said Armesto, reflíctese en Bueu, na bela vila de Bueu, á que tanto quería o ilustre crítico...”[3]
Pero agora quero rescatar un poema escrito, no ano 1898, na Illa de Ons onde percíbense as brétemas e as “ánimas” insulares.
A media noche[4]
A través de la neblina
desciende pálida y lenta
la claridad mortecina
de la luna, que ilumina
la llanura soñolienta.
Por su resplandor bañadas
álzanse mudas y heladas
en torno del monasterio
las tumbas desmanteladas
del trágico cementerio.
Y en las lápidas desiertas
desamparadas y yertas
sin flores, palmas, ni luces
abren sus brazos las cruces
de las esperanzas muertas.
Brotando de la neblina
recorre lenta y callada
una aparición divina
la llanura desolada
que a su paso se ilumina.
Fugaz, indecisa y leve,
su imagen pálida y breve
recuerda esas sombras vanas
sin contornos ni relieve
de las memorias lejanas.
Y por los claustros dormidos
la blanca visión se interna,
sin que aviven sus gemidos
los ecos adormecidos
de la soledad eterna.
Donde ayer libres de abrojos
brotaban las ilusiones,
hoy solo encuentran sus ojos
los olvidados despojos
de las muertas emociones.
Y sin esperanza alguna
de la niebla entre el misterio
va deshojando una a una
¡las flores del cementerio
al resplandor de la luna!
VÍCTOR SAID ARMESTO
Isla de Ons -1898


Grazas, Víctor! Penso que de ”bo nacido é ser agradecido” e estou de acordo co que dicía Murguía de Said “sei ben o que valía e canto ó perdelo perdeu Galicia


[1] Escritor, crítico literario, orador, poeta, músico, investigador, … Primeiro Catedrático de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa, impulsor da Academia Galega, …
[3] Faro de Vigo do 16-11-1927 páx.1
[4] Aparece no Diario de Pontevedra no cabo de ano do seu falecemento.

2 de ago. de 2014

A Virxe do Perpetuo Socorro salva a un salgadeiro en Loureiro

O xornal católico de Pontevedra El Áncora de 1 de agosto de 1901, nas súas páxinas 2-3 hai un artigo titulado “Una manifestación en Bueu” no que fala do exemplo que deu a xente de Bueu pola procesión e bendición da imaxe da virxe do Perpetuo Socorro. Di que a invocación a esta virxe por parte do industrial-fomentador Francisco Ferrer[1] lle devolveu a vida xa que caira na obra de construcción da súa salgadeira polo que este e a súa familia doaron a imaxe.

Ás seis da tarde chega a Loureiro, á casa-salgadeira do doante, a cruz parroquial o clero de Bueu e Beluso e fregueses. A longa procesión ía encabezada polo estandarte branco e bordado en ouro, coa imaxe da Santísima Virxe do Socorro que portaba o médico de Bueu Pérez Lapido e recollendo as borlas os señores Riobó e Massó. A continuación sae a imaxe, xa bendecida, no cumio dunha pirámide de flores.Todo bordeado por dúas grandes filas con velas encendidas, as congregacións das Fillas de María, do sagrado Corazón...
Ao longo do traxecto as casas, expecialmente as da Praia, lucian estandartes e colgaduras. De todas elas destacaban as do Doctor Manuel Riobó polos “riquísimos tapices de terciopelo rocamados de ouro e de delicadas sedas”.
Tras dúas horas de procesión chega ao templo parroquial de san Martiño onde coroouse a “grande manifestación relixiosa coa improvisada exhortación, que de maneira marabillosa e con grande fogo e unión dirixiu ao fregueses o seu queridísimo párroco Sr. Martínez Casamande…”
Extenso artigo que asina “JAPON”



[1] Tiña a salgadeira na de Fazzina, en Loureiro, hoxe unha fila de apartamentos na praia.

27 de xul. de 2014

O alcalde de Bueu é agredido por unha veciña

Alá polo ano 1914, pouco antes de rematar a súa terceira lexislatura como alcalde de Bueu, o moitas veces polémico, Don Miguel Nogueira Fraguas, sufriu un “atentado”, ou mellor cualificalo de “agresión”, por parte dunha veciña, con resultado de feridas.
Os motivos de tal ataque nunca foron explicitamente publicados…
Pouco tempo despois a Garda Civil de Cangas atendendo o reclamo do xulgado de Bueu procedeu á busca e posterior detención, coma “presunta agresora” da veciña Mercedes Pérez Regueira. 
Esta noticia é recollida de forma moi somera polos xornais Diario de Pontevedra (8-5-1014 p.2) e El Correo de Galicia (9-5-1014 p.2).

10 de xul. de 2014

Bandidos asaltan a casa do cura de Bueu

Estes días está a ser noticia en todos os medios de comunicación o asalto con lesións e roubo ao cura de Esgos. A coincidencia non é máis que iso xa que esta segunda entrega de bandidos[1] ou bandoleiros no noso concello[2] leva programada para estas datas fai máis dun ano.

Dende finais do s. XVIII e primeira metade do s. XIX constátase un aumento do número de pequenas bandas de delincuentes que actúan en zonas máis ou menos amplas realizando asaltos coa, finalidade de roubar, pero que moitas das veces acaban con mortes.
Non hai documentación procesual que incrimine a individuos das nosas parroquias[3] coma pertencentes neses grupos aínda que non hai que descartar que houbera certa complicidade dalgúns elementos tanto para sinalar obxectivos coma para facilitar o atraco non poñendo dificultades ou mesmo non acudir ante a alarma ou petición de auxilio por parte dos prexudicados. Isto parece ser que foi o que ocorreu ao finais do xullo de 1817 cando un grupo de sete homes comandados por Fernando Serén, desprazáronse nun barco[4], dende Portonovo ata a praia de Beluso co propósito de achegarse pola noite ata a casa do abade de Bueu (1806-1821) D. José Benito Pazos de Provén. O cura e familiares daban berros para que acudiran os veciños con axuda pero o silencio era total e, como el mesmo constata na súa declaración[5], negáronse a socorrelo.
O párroco non só o tivo que pasar moi mal polo feito de ser aldraxado, roubado,... ou abandonado polos seus fregueses, senón que o temor a ser asasinado era real como uns anos atrás lle ocorrera ao cura de Aldán a mans da banda de Benito Fontenla.


[1] A primeira era: “Bueu: bandidos no monte Borrallido” do 1/5/2013 que pode verse no seguinte enlace http://acidras.blogspot.com.es/2013/05/bandidos-no-monte-borrallido.html
[2] Beatriz López Morán estudou a actividade bandoleira na Galicia e que publicou, entre outros, no libro “El bandolerismo gallego en la primera mitad del siglo XIX” A Coruña: Ediciós do Castro, 1995
[3] Como excepción estaban a banda de Juan Manuel Varela “O Tuno” e facción, en Cangas do Morrazo” de Benito Fontenla.
[4] Probablemente contratado para tal fin.
[5] Causas 108/1 no Arquivo do Reino de Galicia

1 de xul. de 2014

O Arquivo de Galicia na Illa de Ons

No xornal La Gaceta de Galicia do 07-07-1879 primeiro e logo en El Gallego de Bós Aires (22-07-1879) reproducen o texto do discurso “Galicia en la Independencia española”  lido por D. Bernardo Barreiro V. no Centro Gallego de Bós Aires, o 8 de xuño de 1879, co gallo do 70 aniversario de batalla de Pontesampaio.
Como é de supoñer todo un discurso patriótico ante un público entregado…
Que a igrexa estaba moi preocupada no 1809 pola perda do seu status era algo que se reflectía en moitas das accións de abades e curas como aglutinantes de milicias populares contra o francés, ou concorrendo con donativos ou “á la puerta de todos los templos se colocaron  mesas peticionarias que, como altares de la pátria recojian el dinero y otras ofrendas del pueblo”. E no mesmo discurso continúa narrando que como donos que eran da illa de Ons El Cabildo de Santiago hizo construir casas y un fuerte para su defensa en la isla de Ons, y puso a salvo allí sus riquezas y el Archivo de Galicia”.

24 de xuño de 2014

Coa crise os mariñeiros de Bueu asócianse

A mediados do ano 1819  nunha España na que o Absolutismo de Fernando VII volvera a tomar as rendas (1814-1819) do país, os mariñeiros da nosa comarca víanse supeditados polas condicións que estaban a impoñer os donos das fábricas de salga, á súa vez armadores da maior parte das embarcación de pesca. Ante esta tesitura algúns destes mariñeiros matriculados, veciños de Bueu, deciden xuntarse para formar compañía de pesca.
Tal é o caso de José Piñeiro, Francisco de los Santos, Bartolomé de la Rúa, Benito de la Rúa, Francisco Agulla de Ranmorta e outros que forman contrata de asociación para a pesca, cunha serie de cláusulas ás que se comprometen cumprir.
Os motivos que aducen para chegar a facer esta contrata son:
'co xornal que lles daban os armadores non podían vivir e acordaron facerse cos aparellos, embarcacións… para que, como donos recaían en eles todos os beneficios…..' E así o asinan ante o escribán que vivía en Meiro José Benito de Arís.