… na lingua
… O idioma Quiché pertence á familia das linguas
maienses. Na actualidade é a segunda lingua de Guatemala, despois do español,
e ten máis dun millón de quiché falantes
aos que hai que engadir os máis de medio millar do sureste de México onde tamén
ten unha reducida presenza…
Pois nesa lingua k'iche' (como eles din) coñecen B u e U …
E tal como recolle Domingo de Basseta
do Instituto de Investigacións Filolóxicas (Centro de Estudos Maias) da
Universidade Nacional Autónoma de México:
B
u e
U. luEu: drobrar ;
e
luEu é, propie, “arquear un pau”; bueuche: “pau arqueado”; e de aí sae bueuquih: “armar ou arquear paus para coller
veados”.
… na pedra
A primeiros de
outubro do 2010 aparareceu no Faro de Vigo a noticia na que o buenense Benito Vilas daba conta,
tamén gráfica, dun petróglifo da localidade sueca de Norrköping. El mesmo o
describe: "Parei nesta cidade para ver os
seus petróglifos e, para a miña
sorpresa, nunha das laxes, que recibía o nome de Himmelstalund, atopeime coa
figuración esquemática onde é posible ler claramente Bueu". Sacou a fotografía que pode
verse aquí para "poder mostrar como nesa
época xa quedaba o nome de Bueu
escrito para a posterioridade nunha rocha".
A partires de aquí pódese conxecturar se o dito ten algo
que ver con que o bueuense Jorge Santos puidera estudar e logo publicar sobre a
civilización Maia… Se o aportado por Benito Vilas da pé a teorías sobre “os viquingos… e a toponimia…” .
Eu
só o fago constar…“…tu wolol
puk’sik’al”
(“…con toda cordialidade” en maia yucateco, segundo o experto Jorge
Santos)
Ningún comentario:
Publicar un comentario