Nestes tempos, observamos que
repetidamente os medios de comunicación poñen o punto de mira nas festas
ilegais que proliferan por toda a xeografía do noso país como unha causa máis,
das relevantes, que permiten transmitir o virus que a un grande número de
cidadáns lles sega a vida.
Sen entrar, polo de agora, en
disquisicións nin polémicas ateigadas de racionalidade ou, polo contrario, de
impulsos viscerais só se me ocorre unha palabra: Sentidiño!
Para relaxar un pouco a
crispación a que estas actitudes dan orixe vou abrir a espita da historia e
tratar de atopar no Bueu do pasado algún “cabreo” por festas “non autorizadas”...
Nos dous testemuños que atopo
coinciden que están impregnados de
moralidade inoportuna, superficial e inexacta. Poderíase seguir cualificándoos
en función dos feitos, dos protagonistas. etc. pero deixemos que se esquezan do
dito e cada lector saque as súas conclusións:
O luns 8 de decembro de 1924, día
da Inmaculada Concepción, celébrase o fin dos traballos co liño, ‘o fiado’;
atrás quedara a sementeira, o ripado,
mazado, espadelado, etc. e aínda faltará o ensarillado, o devanado e o tecido.
O fiado era unha operación esperada
no traballo co liño que facían as mulleres coa roca e o fuso pois era momento
de xuntanza e alegría a onde acudían tamén os mozos na procura de noiva. Era
ocasión para as bromas, contos, chistes, cancións, bailes,... dependendo do
lugar da fiada e da xuventude dos protagonistas da mesma.
A raíz da carta enviada polo
Alcalde de Bueu, Luís Jesús Prieto García, á Secretaría do arcebispo de
Santiago dando queixas do párroco de Cela pola denuncia desa fiada na que...
Pero mellor transcribo a carta na que lle resposta a Secretaría arcebispal, que
é clariña:
“
La Exma. Ilma Prma. el Arzobispo, mi Señor ha recibido la atenta
comunicación del día 17 del corriente en que V.S. ser ha servido darme quejas
del proceder observado por el Pbro. D. Juan Paz con motivo de la celebración de
la “hilada” que tuvo lugar la noche del 8 de diciembre último en un local de la
parroquia de Sta. María de Cela, y bien informado acerca de lo ocurrido, me
mandó contestarle diciéndole que el denunciado, lejos de merecer reprensión, es
digno de alabanza, pues el hecho de haber sido clausurado dicho local por orden
del Ilmo. Sr. Gobernador de la provincia con imposición de multa pecuniaria
demuestra palmariamente que las protestas del Sr. Paz contra las reuniones y
bailes inmorales que allí se celebraban, no eran exaltación nerviosa, sino
solícita defensa de la moral ofendida de palabra y de hecho por los
concurrentes a aquellas reuniones.”
A outra das festas denunciadas é
na parroquia de Aldán, concello de Bueu, dado que é en decembro de 1839. Ao
igual que a anterior vou transcribir a carta, xa que é bastante clara como para
non apuntar máis explicacións, que do Goberno político de Pontevedra lle envían
ao alcalde de Bueu, Manuel González Plá:
“En vista de cuanto V. me ha manifestado el 21 de noviembre último acerca
de la resistencia de una de las hijas de Dn Pedro Bermúdez á
concurrir a la casa de su párroco que la mandaba llamar para darle una
corrección fraternal para evitar que se repitiese en la de su padre el escandaloso
porte de incomodar al vecindario con el bullicio de bailes hasta horas muy
altas de la noche, he resuelto que para castigo de la indicada desobediencia
imponga V. y exija al D. Pedro Bermúdez la multa de ocho ducados que V. hará
efectiva en la comisión pagaduría de este Gobierno político, apercibiéndole que
si en lo sucesivo permite reuniones en su casa a deshoras de la noche será
penado con mayor seguridad; y a V. prevengo preste el correspondiente auxilio
al párroco y autoridades eclesiásticas cuando lo imploren para el desempeño de
sus atribuciones.”