Que
Ons e Bueu estiveron unidas polas dornas, polas gamelas, polas motoras sábeo
todo aquel/a que teña unha idade e coñeza o vivír da pesca…
Que
hoxe se pode viaxar en poucos minutos a Ons dende Bueu e dende a “banda do mar”
todos os “turistas” e visitantes das nosas costas o coñecen (ou as
axencias/internet lle informan)...
Máis
o que hoxe é noticia e que por vez PRIMEIRA Ons e Bueu se uniron por mar a
“caldo”, remando coas mans e propulsandose cos pés… dito doutro xeito máis claro
por VEZ PRIMEIRA Bueu e Ons estiveron unidas polo esforzo e polo tesón de SUSO
“O Veterinario” e TITO “O de Pepé” xa que fixeron o traxecto a nado, dende o
peirao de Ons ata a Praia de Pescadoira en pouco máis de 5 horas… Un esforzo do
que tiven a honra, con Miguel e Manolo, de ser testemuña...
A
sensación máis grande foi a de sentir como coas súas brazadas parecían traer á
Illa con eles para achegala un pouco máis a nós e aos illáns deste recuncho do
Morrazo…
Puxeron o listón moi alto… pero creo que
non lles importaría que máis xente se sumen a este tipo de aventuras… pois se
foran multitude entre todos achegarían aínda máis a Illa do que xa está no
corazón de milleiros de persoas…
Ningún comentario:
Publicar un comentario