A súa familia era da Comarca de Santiago de Compostela, do concello de
Ames. Chegou a Bueu da man do seu irmán, Andrés Pérez Lapido, que estaba de cura párroco de San Martiño de
Bueu dende 1824 (ata 1846).
Casou con Carmen Agulla Solabarrieta, filla dos salgadeiros Miguel
Agulla Juncal e Josefa Solabarriesta Travieso, que tiñan residencia en Marín e
Bueu. Os restos dunha da súas salgadeiras foron destruídos hai uns meses para
construír un edificio (fronte a onde estaba a Capela Vella).
Chegou á idade moi avanzada, 86 anos, e ainda había poucos que deixara
de ser o titular médico da praza. Segundo o xornal El Adelanto, agora de
retirado víase “sempre de paseo, ergueito
coma unha árbore robusta, desafiando ao tempo cunha saude a toda
proba”.
Se longa foi a súa carreira coma médico tamén o foi a súa dedicación á
política, sendo longo tempo xefe político da localidade, arbitro en todas as
cuestións relevantes, gran amigo de Montero Ríos, era moi coñecido e respectado
en todo o distrito.
No seu pasamento levaban as cintas que pendían do féretro os señores D.
Juan Tapias, D. Salvador Massó, D. Luis Prieto e D. Miguel
Nogueira.
Outra notas de Manuel Pérez lapido:
-
1855… Aparece
tomando parte na lista de electores encargada da elección dun diputado ás Cortes
Constituíntes.
-
1870 e 1872…
Poder de Manuel Perez Lapido a súa muller, Carmen Agulla Solabarrieta, para que
aclare, coa súa nai e irmáns, a liquidación da herdanza pola morte do seu
pai.
-
1874…José
Agulla merca a Juan Franco Fraguas unha veiga na “Lagoa dos Lombeiros” para o
seu cuñado Manuel Pérez Lapido.
- 1880… Venda de Salvador Massó a Pérez
Lapido dunha finca na “Lagoa de Lombeiros”, lugar da Praia” por 2000
reais
-
1890… Nos
baixos da súa casa había unha farmacia (a da dereita do actual Museo
Massó).
-
1891… A
partires deste ano participaba nas tertulias que había na rebotica da farmacia
que Luís Prieto Mesía tiña ca rúa do Príncipe.
-
1903… Toma
posesión coma “Médico municipal” de Bueu
-
1904… Con
outras persoas relevantes, visitan a Montero Ríos para xestionar a estrada a
Cangas por Aldán. Nese mesmo ano pagou a Función do Perpetuo Socorro onde houbo
tamén procesión.
- 1912.... O 23 de novembro falece en Bueu
- 1912.... O 23 de novembro falece en Bueu
Ningún comentario:
Publicar un comentario