Cabo
Udra:
O marte, 5 de febreiro de 1619, os irmán Nodal na súa
viaxe cando qixeron verificar o descobremento do estreito Le Maire (feito tres
anos antes por navegantes neerlandeses) e que chamaron de San Vicente no
extremo sur do continente americano. Nesto estaban cando describen e nomean ó
cabo seguinte a San Ildefonso como Cabo
Udra en memoria do de Beluso. Isto o dabamos a coñecer máis polo miúdo no
outubro do 1998 na revista O Candil nº 19 e nunha
exposición, en colaboración coa Asoc. Amigos da Biblioteca, titulada “O mar do
noso pasado” .
Punta
Aguda:
Cristóbal Colón, o 14 de decembro de 1492, na súa
primeira viaxe a América, ao chegar a un saínte da Illa Tartaruga lle puxo o
nome de Punta Aguda coma a que hai
na parroquia de Beluso (É a punta que polo leste resgarda á praia de Tuia).
Punta Pedra
Branca:
Cristóbal Colón na súa terceira viaxe a América, e nunha
punta ao leste da Illa de Trinidade ao chegar a un saínte da illa americana de
Tartaruga lle puxo o nome de Pena Branca
como a que hai preto da Roiba-Beluso.
Tal coma dí o “Derrotero de las Costas de España y
Portugal” (páx. 371): “Dos cables más más
al E. de la punta de Cabalo, está la llamada RUBIA ó de PIEDRAS-BLANCAS. Viene a
ser un conjunto de piedras blanquecinas que aparecen aisladas y separadas del
continente 20 brazas (33,4
m). A la más salienta nombran
PANADEIRA.
…El trozo de
costa comprendido entre las puntas Aguda y Piedras-blancas es alto y escarpado,
y sólo una pequeña playa se descubre á bajamar…”
Nota: O
paralelismo dos dous últimos topónimos mencionados con Bueu son discutidos por
uns e defendidos por outros tal como pode lerse tamén, entre outras, nas páxinas
196 e 201 do libro “Galicia, patria de Colón: obra patrocinada por el Comite
pro-Colón español de la Habana (Cuba)” escrito por Enrique Zás no
1923.
Ningún comentario:
Publicar un comentario