Ao longos dos anos escoitei falar a illeiros rapaces, e non tan rapaces, de fenómenos estraños
relacionados con luces que se movían na contorna de
Illa de Ons que habían visto
tanto dende terra como dende embarcacións. E case sempre acababan desaparecendo no mar. Os interlocutores
sempre o relacionaban co fenómeno OVNI. Dicir que os xornais, revistas e ata
algún programa de TV1 daban nesa época pulo a estes fenómenos.
Pero as noticias sobre
fenómenos estraños no ceo de Ons remóntanse no tempo aínda que non sempre se relacionaron
coa ufoloxía. Ese é o caso saído en “El
Compostelano”, no 1930, citando ao correspondente do “Faro de Vigo” que indicaba
que os veciños do Ons lle habían manifestado o seu desacougo pola presenza dun
avión cada catro ou cinco noites dende hai un mes.
“...
aparece no horizonte, a gran altura, un potente
reflector que se achega rapidamente a terra, procedente do mar, rumbo de Oeste
a Leste.
Cando o aparello chega, sempre voando alto, ás proximidades
de Ons, o reflector apágase.
Durante uns minutos vibra no aire o tremer do motor ou
motores do “velívolo”; pero a altura en que este navega no espazo faio
invisible para os habitantes da illa.
A persistencia e a periodicidade nas súas visitas do
aparello aéreo ten en tensión os nervios dos veciños de Ons, que non saben a
que atribuír a presenza do avión que elixe as noites para os seus voos e que se
rodea de misterio para achegarse á desembocadura das rías de Vigo e Marín.”
... e nestes tempos ata
aparecen vídeos por internet como este no que se pode observar a caída dun
suposto OVNI preto da illa de Ons.
Poderíamos rematar coa adaptación
ao tema da ambigua, antitética e popular frase de “Eu non creo nos Ovnis, máis habelos, hainos”
------------
1.-
Era a época na que “especialistas” como, por por un exemplo significativo, Fernando Jiménez del Oso divulgaban os enigmas
ao través de programas de TV como “Más
allá”, “La puerta del misterio”,
etc. Ou publicacións periódicas como “Más allá de la Ciencia”, “Universo
Oculto”,... Persoas coma el, que
utilizaron a proxección mediática dos medios de comunicación e as súas dotes de
comunicador e divulgador para “colarnos” algunhas noticias e feitos de
dubidosa factura científica.