Ante a carencia absoluta de aceite por
parte da poboación civil do concello de Bueu a Alcaldía-Delegación local pide á
casa “Massó Hermanos S.A.”, fabricantes de conservas, o faciliten para repartir
entre os conveciños.
Atendendo á petición dun dos seus membros[1] a familia Massó fai
entrega ao concello, o catro de abril de 1951, da cantidade de 2.500 kg de
aceite de oliva.
Desta entrega hai constancia posterior
nunha certificación asinada polo tenente de alcalde do concello bueuense.
Nota:
Grazas a Manuel Aldao por facilitar a información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario