Hoxe e mañá están a celebrarse as na
Illa de Ons as festas na honra de San Xoaquín. Vou a pór o cartel anunciador
das mesmas para facilitar ao que desexe achegarse ata a illa este fin de semana
o faga coñecendo algunhas das actividades que se realizaran nestas festas 2015.
O domingo, día 23 hai unha misa cantada
pola Coral Polifónica de Beluso e
procesión ao peirao.
A raíz disto que lembrar que noutros
tempos, anos trinta do século pasado, a procesión tamén era marítima. Constancia gráfica disto o temos, da man do
fotógrafo Ocaña, na hemeroteca de El
Pueblo Gallego do venres 22 de agosto de 1930 na súa páxina 8.
Ningún comentario:
Publicar un comentario