Os
tempos políticos a mediados do século XIX estaban a pasar momentos convulsos onde,
aos problemas sucesorios (sobre todo cos sectores carlistas) sumábanselle o
enfrontamento por manter ou non o Antigo Réxime e as loitas entre os partidos
dominantes que deron pé a novas formacións, como foi o Partido Progresista
Demócrata.
Todos
vían inimigos en todas partes. Os mandados, por parte dos Xefes Políticos, de
extremar a vixilancia nas distintas demarcacións eran constantes.
|
Arquivo M.Bueu-Correspondencia Ca. 135/1
|
Por
partir dun exemplo, o alcalde de Bueu recibe un oficio con esa fin do Xefe
Político da Provincia, 16 de novembro de 1849, ao que resposta co seguinte
texto: “para que se exerza activa vixilancia nos puntos da costa pr
se a elas arribasen o buque de vapor el Henriette, e o Bergantín Goleta ambos
pintados de negro qe conducen equipaxes pa algúns miles
de homes; de cuxas disposiciós pra impedir o seu
desembarco quedo decatado e redobro a vixilancia nos puntos do meu distrito...”
Con
este tipo de teimas, dáse unha rocambolesca situación na que o alcalde, o 8 de
marzo seguinte, escribe ao Xefe Político:
|
Arquivo M.Bueu-Correspondencia Ca. 135/1 |
“Habendo
tido pr noticia qe no día de onte pasaran á Illa de Ons
dous homes descoñecidos e de carácter sospeitoso, e ignorando o obxecto qe
a aquel punto podían levar, mandei inmediatamte varios homes veciños
nunha lancha pa qe auxiliándose do mordomo e máis indo
restes naquela Illa se apoderasen das persoas dos primeiros, e mos
presentasen cal en efecto así cumprido
na noite de hoxe noto qe cada un deles me presenta un pase, os mesmos
qe con as súas persoas remito a V. pr ser máis distancia
qe as oito legs do punto de onde sonan residtes;
e ademais parecen algo inverosímil de qe pasaron a aquela Illa co só
obxecto segundo din, de exercitar o seu oficio de Capadores; con obxecto sen
embargo de qe aclarados estes inconvtes dispoña V.. o qe
vexa oportuno.”
A
dubida que algúns teñen é se os pobres capadores ían armados cunha navalla a
dar un golpe de estado tomando a Illa como refén ou simplemente a traballar no
seu oficio. Porque o de capar a alguén na Illa de Ons nin se contempla, sería
suicida...
De asasinatos, de e por capadores,
tamén temos en Bueu, pero será outra historia.
Escisión do Partido Progresista que
solicitaba ir moito máis aló nos dereitos e liberdades cidadás, ampliación das
medidas de desamortización, sufraxio universal etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario