Dende hai moitísimas décadas reivindicouse a presenza médica permanente na illa de Ons. Mais agora, nos últimos meses, vólvese a falar diso na prensa, nos despachos dos distintos organismos oficiais e nas persoas e Asociacións relacionadas coa illa.
Estes últimos de forma expresa, senón que llo pregunten a Celestino Pardellas, están a solicitar polo menos dúas cousas relacionadas con isto:
· Que no PRUX (Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia) queden claras as competencias de cada organismo na Illa de Ons.
· E que nas Illas de Cíes e Ons haxa xa a partires deste verán un Servizo Permanente de Primeiros Auxilios.
Quixera ao respecto lembrar o papel dos mestres-sanitaros para o que recomendaría ler de novo o artigo: “Ons, o meu paraíso de onte (VI) ¿Mestre ou sanitario?” do mestre Julio Santos Pena aparecido na revista Aunios nº 7.[1]
Máis nesta entrada quero aportar a información da solicitude en 1947, por parte da Rexidora Provincial de Divulgación da Sección Feminina, dun Botiquín para que a mestra da Illa de Ons puidera atender as urxencias facendo curas, poñendo inxeccións, etc.
O curioso é que nestas datas non era o Xefe de Sanidade o que tiña que autorizalo senón que era o Gobernador Civil, a proposta dos concellos.
A continuación póñolles o oficio de solicitude deste trámite, ao alcalde de Bueu:
Ningún comentario:
Publicar un comentario