En gran parte do século XIX os días de
mercado en Bueu –non de feira- eran os xoves e domingos. Mais un 9 de novembro de 1898
o Alcalde Presidente do Concello de Bueu Miguel
Nogueira edita un bando no que :
“Fago saber: que o concello da miña presidencia, atendendo
ás moitas e repetidas queixas da veciñanza contra a instalación do mercado
dominical, por ser un móbil de retraemento dos fieis en cumprir cós Sagrados
deberes que a nosa Santa Relixión Católica impóñenos, en Sesión do sete do
corrente acordo trasladar dito mercado para os luns de cada semana.
E a fin de que se observe ase por todos os meus administrados,
faise público”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario