Darío Lameiro Sarachaga (1849-1928) era
un empresario vigués que tivo tamén dúas fábricas-almacén de salga na praia de
Beluso -finais do s. XIX e primeiros anos do s. XX-, outra en Balea
(Cangas),...[1]
Certo día, a mediados do mes de xuño
do ano 1900 recibiu unha carta anónima que lle esixía 25.000 pesetas a cambio
de non “queimarlle as entrañas logo de
queimarlle as fábricas”. A cantidade debía depositala ao pé dun grande pino
que había preto do camiño (hoxe estrada) que vai de Bueu a Beluso.
Avisada a Garda Civil esta
aconselloulle seguir as instrucións da nota pero non sen antes apostarse catro
gardas civís en distintos puntos para vixiar a recollida da caixa cós cartos.
Efectivamente, foi sorprendido “in
fraganti” o suposto extorsionador. Que veu sendo un pai de familia –tiña catro
fillos-, veciño de Bueu que, desesperado polas penurias familiares, levouno a
maquinar tal delito.
O Sr. Lameiro coñecendo as
circunstancias que condicionaban ao autor deste malfeito quixo perdoarlle e que
foxe liberado pero a Garda Civil non o consentiu e o puxo a disposición do xuíz
municipal de Cangas.
[1] Mercara
a casa-salga en Beluso da familia Roura para venderlla aos Prieto e logo tamén
era propietario da fábrica de salga na Roiba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario