... xa hai anos que un ilustre, veraneante primeiro e veciño despois, chamado D. Antonio Olea Casas me fixo partícipe ao través dun amigo común da súa inquedanza[2] sobre o tema e das consultas á Real Academia Española de la Lengua e á Real Academia Galega como máximas autoridades lingüísticas. Da Real Academia Galega non tivo resposta, que eu saiba, pero si da Real Academia Española da que adxunto copia da misiva e da contestación:
[1] Exemplo: “Diccionario de Gentilicios y Topónimos” de Daniel Santano y León (Edit. Paraninfo 1981 páx. 59), no “Gentilicios españoles” de Tomás de la Torre Aparicio (Edit. Visión, 2006 na páx. 113) ou no “Diccionario ideológico de la lengua española” de Julio Casares (Gustavo Gili, 1992)
[2] Ata esas datas nos meus escritos
utilizaba indistintamente “bueneses” ou “bueuenses” pero con dúbidas e temor
pola posible incorrección dun dos termos. Desde aquela alterno os xentilicios pero gústame un pouco máis, para designar o lugar de orixe dunha persoa nacida en Bueu, o de "bueuense". Cada quen que elixa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario