Frei Martín Sarmiento di[1] que ”Manuel Faria e Sousa, no
comentario das Lusíadas, fai ao Camoens galego e descendente de Vasco Pérez
Camoens, cabaleiro da familia dos Camaños[2], señores da casa de Rubiáns. Faria di que Vasco Pérez Camoens
pasou a Portugal[3] no ano de 1370 a servir ao rei don Fernando, e que alí herdou grandemente, e
que o tal Vasco foi ascendente do famoso poeta Luís Camoens…”
“…Cando Vasco Pérez Camoens saliu de Galicia, só chamábase Camoens, o que
se proba cunha sinatura que lín no Arquivo de Poio, paseo de Pontevedra, que di
así o ano 1270, cen anos antes que Vasco Pérez salise de Galicia: ‘Ego
Ferdinandus Ruderici de Camoens, filius quondam Ruderici Petri, eiusdem, et
Urrace Laurentii de Bueu et de Pedrozo’ (‘Eu Fernando Ruy de Camoes, fillo de Ruy Pedro, del mesmo e
de Urraca Lorenzo de Bueu e de Pedrozo”).
[1] Recollido por Henrique
Monteagudo en “De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660
pliegos” Vol. IV de Martín Sarmiento. Santiago, Consello de Cultura Galega,
2008.
[2] Sarmiento noutro parágrafo (4958) de Obra de 600 pliegos, anteriormente citada: “A voz Camoens formouse así. Na freguesía de San Xoán de Camaño (onde estiven) cara Corubedo, en Galicia, houbo unha abadía, do cal abade lin unha sinatura: “Abbas Camanensis”. Aínda que no “Onomástica galega II : onimia e onomástica prerromana e a situación lingüística do noroeste peninsular : actas do segundo coloquio”, Leipzig, 17 3 18 de outubro de 2008 hai un artigo titulado “Toponímia prelatina na documentación medieval en Galicia” : ‘ … O mesmo sufixo (-ONES) pare estar na orixe do topónimo rexistrado como Camones, Camões Camoes na documentación medieval en galego, nome dunha parroquia do concello de Nigrán (Pontevedra), de onde procede o apelidod célebre poeta portugués’. E encanto a orixe do apelido, ‘…impiden aceptar a opinión que emparentaba este topónimo e apelido con outros topónimos e apelidos galegos como Caamaño/Camaño ou Camouco’(FILGUEIRA, 1993: 35-36)
[3] “Estos e outros cabaleiros, como xa dixen, pasaron de Galicia a Portugal
por non querer obedecer a Enrique II, asasinado xa D. Pedro (I O Cruel)…”
Ningún comentario:
Publicar un comentario