Ás dificultades e penurias posteriores á Civil Española engadíuselle unha prolongada seca, a do 1949, que fixo que a fame cebárase aínda máis na nosa contorna. Coma consecuencia directa desta seca temos a “sublevación” ocorrida na mañá do 2 de xullo dese ano “capitaneada” polo cura de Coiro e Juan C... L... que acudiron cuns 150 veciños máis (Manuel M..., José O..., Antonio C..., Ignacio L..., Ángel L..., Ángel M..., Antonio M..., José G..., José S..., Ramón Q..., …) ata Ermelo. Foron con sachos, legóns, fouciñas,… e chegados aos lagos de Compra, Fontanciña e Esperón destruíronos e así, coas augas “soltas” regaron as súas veigas de Coiro. Desta actuación queixábase o alcalde de barrio de Ermelo pois os seus veciños “non poderían estancar a auga como viñan facendo dende tempos moi afastados”. E no posterior escrito de denuncia dos feitos ao Gobernador Civil por parte do concello de Bueu o rematan dicindo “Esas
augas, segundo rumores circulados pola referida Ermelo, son aproveitadas polo
mencionado Sr. Cura, quen dispón das sobrantes, vendéndoas aos seus conveciños”.
14 de maio de 2015
Veciños de Coiro capitaneados polo cura fanse coa auga de Ermelo
3 de maio de 2015
O concello pecha a igrexa de Bueu
Ante o eminente perigo de derrube da antiga igrexa románica da parroquia de San Martiño de Bueu o concello reúnese para informar e concluír coa proposta de peche da mesma.
Transcrición da acta do Pleno do 28-3-1861
“En la sala Capitular del Ayuntamiento de Bueu, a veintiocho de marzo de mil ochocientos sesenta y uno, reunidos en la misma bajo la presidencia del Sr. Alcalde Dn Ramón Plá principia la reunión pr la lectura de la anterior que fue aprobada y pr la de los boletines y correspondencia oficial de la entonces recibida, de cuyo contenido quedaron enterados.
Visto a pesar de haberse solicitado del Sr Gobernador de la provincia de la presentación en este distrito del arquitecto de la capital para proceder a la demolición de las paredes de la Rectoral Iglesia de Bueu dejándolas a la altura que tienen sus puertas nada hasta ahora ha resuelto aqlla superior autorid como pr otra parte amenace el templo ruina temiéndose una catástrofe de día a día, y no puede tampoco sin la exposición de un gran riesgo practicaría la operación dha. en razón de que al verificarlo sería fácil se resintieren la bóvedas de la Iglesia a evitar la responsabilidad que sufre el Aymo para si descuidase toda clase de medidas reparadoras después de haber iniciado este asunto como de consecuencias fatales y haber también obtenido el competente permiso para cerrar el referido templo se acordó pr los Sres de la Corporación oficiar con el Párroco pr conducto del Sr Alcalde pr que sin pérdida de momento y bajo la responsabilidad y cargos que en su día puedan exigirse, proceda a cerrar las puertas de la citada Iglesia, sin perjuicio de que pueda tomar las disposiciones conducentes en orden al culto divino, siempre que no sean atentatorias a la vida del vecindario.
Con lo cual se levantaron los Sres de la Corporon y de todo ello yo Srio. Certifico”
13 de abr. de 2015
Falando da República na Cela do 1903
“Un republicano manda á La Lucha de Vigo este relato da conversación mantida á porta da igrexa de Santa María de Cela, e que seica ouviu.
Falan un músico e dous mordomos da función do Corpus, e preséntase un estudante irmán dun cura, dicindo:
-Boas noites, señores. Parece que están vostedes falando da República.
Músico.- Si señor.
Estudante.-Alegraríame ouvir falar das ideas republicanas, e sinto non estar no mitin celebrado o outro día.
Músico.- Seguramente que non lle gustaría a vostede o que alí se dixo.
Estudante.- Entón vostede cre que para nós é mala a República. A nós gustaríanos moito esa forma de goberno; pero antes de que iso sexa, teña vostede presente que correrá moito sangue, e aínda así non se conseguirá.
Músico.- Quen sabe se se establecerá sen que se derrame nin unha pinga de sangue.
Estudante.-Non sexa vostede parvo, home. Se vostede non sabe aínda que quere dicir República.
Músico.- Non señor, non sei; pero polo que ouvín aos oradores que falaron no mitin, España podería adiantar moito dedicando a servizos verdadeiramente útiles e necesarios os miles de pesos que se gastan na Igrexa e o clero.
(Neste momento asusteime ao ver un vulto negro que se achegaba á reunión. Era o cura, que chegou feito unha fera e comezou a insultar ao músico chamándolle parvo, animaliño e outras cousas que non debían ser pronunciados por un sacerdote).
Devandito presbítero falaba con tal coraxe e en voz alta, que chamou a atención das persoas que había nas tabernas. Aquel, ao ver que se formou un grupo regular, dixo dirixíndose ao músico:
Cura.- Vaia, que non é vostede capaz de dicir Viva a República!
Músico.- Non señor, porque non estou a propósito, pero se fora noutro lugar o diría cen veces.
Cura.- Cale vostede torpe, que está a enganar aos meus fregueses. Amigos meus, non vos deixedes enganar, que está aquí dicindo que o clero ten a culpa do atraso de España, cando o clero non saca nada do Estado (se quería vostede que sacase máis!) Cobra só o que é seu, e aínda non lle pagan. Está o párroco de Cela gañando catro mil reais anuais, que non é nada.
- Xa lle direi eu ao señor cura de Bueu que vostede non ten relixión, que é un ateo, un herexe e un home animal sen alma.
-E vostede, debeu replicarlle o músico – non debera andar entre persoas.
1 de abr. de 2015
Abastecemento de augas en Bueu - 1885
No ano 1885 o alcalde do concello de Bueu, Jaime Bolíbar, encargou a D. Jenaro de la Fuente y Domínguez[1] un Proxecto[2] para o abastecemento de augas para o núcleo da vila. A xustificación do mesmo ven dada pola infradotación deste prezado líquido que ven a padecer este pobo xa que nese momento non posúe máis auga potábel que a subministrada por “un pequeno caudal que case que desaparece durante a estiaxe e está situado entre unhas rochas do lado Oeste da costa moi afastado, polo tanto, do núcleo de poboación por onde o aproveitamento faixe moi difícil e imposíbel durante as horas de preamar. Como consecuencia de tan deficiente situación os veciños teñen a necesidade de acudir a algún que outro propietario dun pequeno manancial ou pozo...”
Do manancial atopado “no extremo recto do camiño de entrada á Vila que forma unha verdadeira e ben aliñada rúa e que haxa necesidade de percorrer para ir á igrexa”. Fala da rúa Canibelos onde a poucos metros do actual Ramal dos Galos estaba a “Boca da mina”. Proxecta a ampliación e perforación da mesma nuns 100 metros (de 0,70 x 1,20 m.) cunha estimación de aproveitamento dun caudal de 1.028,57 l/h. Onde a lonxitude da canalización sería de 341,5 metros e o importe de toda a obra ascendería a 8.160 pesetas.
Na memoria da obra xógase co número de habitantes de Bueu (1620 h.), dos veciños afectados (697) e poboación residente na praia (127) para facerlles corresponder aos futuros usuarios a 32 litros/persoa. Para o cal á veciñanza da praia abasteceríase dunha monumental fonte proxectada na rúa Montero Ríos fronte á Eduado Vincenti (Preto da actual Praza de Abastos) que se elevaría “nunha especie de praciña ou explanada” .
Dita fonte non se fixo nunca e a obra tardou anos en ser de novo licitada.
[1] D. Jenaro de la Fuente y Domínguez (1851-1922), valisoletano que exerceu como “mestre de obras” nunha grande cantidade de proxectos que se realizaron na súa época na capital olívica e en concellos limítrofes. Foi Director Facultativo da Obras municipais de Vigo así como profesor de debuxo, etc.
No debemos confundilo co seu fillo, Jenaro de la Fuente y Álvarez, arquitecto que construíu o estadio de Balaídos.
[2] Logo ratificado polo arquitecto Antonio Crespo.
Etiquetas:
1885,
alcalde,
auga,
fonte,
Jaime Bolíbar
21 de mar. de 2015
A festa de San Xosé no Bueu de 1917
Que o Día de San Xosé en Bueu sempre tivo
predicamento o demostran as comidas
dos “Pepes”, a advocación da “Capela” que
se levantou nos terreos da praia de Pescadoira e posteriormente na igrexa
do que foran escolas de Orientación Marítimo Pesquera, despois Escola
Náutica... ao inicio da rúa Pazos Fontenla.
Non é de estrañar o énfases que o correspondente en
Bueu do xornal La Provincia para
describir a celebración destas festas. Así o podemos ler na transcrición das
celebradas no 1917:
Non é de estrañar o énfases que o correspondente en
Bueu do xornal La Provincia para
describir a celebración destas festas. Así o podemos ler na transcrición das
celebradas no 1917:
“Todo canto
puidésemos dicir para relatar o éxito dos festexos que o 18 e 19 tiveron lugar
na vila, sería pouco comparado coa realidade.
A
brillantez do día coroou os esforzos dos animosos mozos que integraban a
comisión das festas e unido a isto os moitos forasteiros que vimos durante eses
días, con razón pode dicirse o arriba exposto.
A banda dos
exploradores gustou moito, tributándoselle repetidos aplausos, sendo
obsequiados os mozos músicos nas Sociedades “Liceo Casino” e “Círculo Mercantil”
por ambas directivas. O seu director, o simpático mestre Serrano, recibiu
moitas felicitacións.
Moi ben a
carreira de bicicletas na que tomaron parte nove corredores; o primeiro premio,
consistente nunha fermosa figura de arte, adxudicóuselle ao mozo de Cangas Remigio
Rodal, e o segundo, unha cigarreira de prata, ao noso amigo Attilio Gaggero.
A procesión.
Digna de
toda encomio foi a procesión de San Xosé na tarde dese día.
Xamais
puidemos crer resultase tan solemne e concorrida e así en efecto, ao seis da
tarde era de todo imposíbel dar un paso na praia, punto onde se levanta a
capela do santo patriarca.
Alí miramos dúas
longuísimas filas de homes e mulleres, o máis distinguido deste pobo, con velas
acesas. O fermoso estandarte do adiñeirado propietario señor Nores, era levado
polo noso digno párroco D. Juan M. Casanade e os cordóns polos Sres. Nores e
Nogueira.
Seis mozos
distinguidos, Pepe Madrigal, Pepe Cerqueiro, Pepe López, Pepe Rodríguez, Pepe
Lago e Pepe Prieto, eran portadores do anda coa imaxe de San Xosé, agasallo do cabaleiroso
Sr. D. Gerónimo Bolívar, sendo escoltada por seis gardas do corpo de Carabineiros.
Pechaba a marcha o clero destas parroquias e detrás unha multitude
numerosa ávida de presenciar o sublime acto relixioso desta tarde, cuxo recordo
quedará sempre nos fillos desta vila.”
11 de mar. de 2015
Bueu gañadora no Concurso Nacional de Coros e Danzas
O día 4 de decembro do 1956 rematou en Madrid o
Concurso nacional de Coros e Danzas da Sección Feminina. Participaban todas as
provincias españolas con aqueles grupos que foran seleccionados entre os
mellores.
Había participación nas seguintes especialidades:
- Coros de xuventudes, neste caso gañou os representantes de Córdoba.
- Coros de Sección Feminina, primeiro premio para os de Alberique (Valencia).
- Danzas de xuventudes, gañaron os de Proaza (Asturias).
- Danzas da Sección Feminina, levou o premio extraordinario os representantes ibicencos.
- Grupos mixtos de coros y danzas, que gañou Astorga (León).
- E no Grupo de Sindicadas, gañou o grupo que ía de Bueu. (Neste apartado había un único gañador)
Compoñentes do grupo:
Teresa Portela Bravo, Celsita Chaves, Carmen Medraño,
Marina Barreiro, Josefa Santos, Josefa “Palomita”, Rosa “Barrabasa”, Ana Mª Lis
Bueno, Carmen “Pardela”, Rosita “Rata”, Carmiña “Barrabasa”, Mercedes “Salera”,
Lito Estévez. Os gaiteiros era os Irmáns Barros.
Con anterioridade, o 18 de setembro de 1956, deran unha exhibición na
illa de Ons na clausura do Curso Cátedra organizado pola Sección Femenina
Etiquetas:
1956,
Coros,
Coros e danzas,
danzas,
premio
24 de feb. de 2015
Cinzarrada ou chocallada en Beluso
![]() |
| El Liberal (14-1-1908 páx. 4) |
A
explicación sociolóxica vai da man da non aceptación de tal unión por entrar en
conflito coas “normas” ou valores do grupo social ao que pertencen.
As
veces o escarnio e prexuízo era tal que eran censurados e castigados os
participantes da mesma.
As
veces o escarnio e prexuízo era tal que eran censurados e castigados os
participantes da mesma.
Na
nosa vila aínda que estaban explicitamente prohibidas[1]
por bandos municipais, estes non eran impedimento para que esta costume
estivera moi arraigada na xentes. Para mostra, o exemplo posto arriba de Beluso
que, polo acontecido en 1908, transcendeu aos xornais.
[1] A
Igrexa tamén o prohibiu xa dende o s. XII, pero sería o Concilio de Turín no
mediado do s. XV cando o fixo explicitamente. Moitos gobernos tamén o prohibían
como o caso de Carlos II onde se penaba con multa e cárcere.
12 de feb. de 2015
O alcalde prohibe a letra e cartel dunha comparsa
O 12 de febreiro de 1931, compadeceu M.
V. F. casada e veciña desta vila dicindo que unha comparsa que ía actuar no
Entroido canta un romance e mostrará un cartel explicativo que alude a feitos
privados da denunciante que considera a todas luces calumniosas e que redundan
en prexuízo da súa fama. Polo que se pide prohiba que se cante á letra e se
poida mostrar o dito cartel.
Ese mesmo día Amando A. E. presenta ante
a alcaldía tres exemplares dos “cantares” cun cartel demostrativo das mesmas
pertencente á comparsa intitulada “Las Mormuradoras”.
A resposta do alcalde Perfecto García
Nogueira a estas peticións foi “denegar la autorización que solicita o Sr. Ave
para cambiar dita letra, prohibíndolle así mesmo, que exhiba o cartel
demostrativo”, sobre todo polo cantable “Cantigas do Cego”, “cuxa letra ademais
de ser contraria á decencia e ás boas costumes, pode molestar a persoa
determinada desta veciñanza”.
Logo do Entroido, o 24 de abril, o
responsábel da comparsa achégase ao concello para “pasadas as circunstancias
que motivaron a incautación referida” reclamar o cartel. O novo alcalde Ramón
Domínguez Ferradás entrégallo persoalmente.
Letra da comparsa que
motivou á prohibición:
1 de feb. de 2015
Festa de San Brais en Beluso
No desaparecido[1] exemplar de “La Voz de Bueu” de
febreiro de 1905 dáse conta da festividade de San Brais en competencia ás de
Seixo e, sobre todo, á da Magdalena de Coiro:
“San Brais. Foi contratado o
incansable gaiteiro de Moaña, «Tornillo» para celebrar en Beluso unha festa
dedicada a San Brais”.
Curioso tamén é que na mesma
noticia “Facíanse suxestións para que na festa da Xuventude prescindíranse «da
maior parte das cerimonias relixiosas, co que se evitarían desgustos doutros anos,
que motivaran quedarse sen a mellor festa de Bueu»
[1] Máis
ben diría
“agochado”. Lémbrolles que a finais dos anos noventa desapareceran, da Casa
número 2, os exemplares encadernados cós antigos xornais locais: El Adelanto e
La Voz de Bueu. Ao pouco tempo entregóusenos, e que depositamos na Biblioteca
Municipal, os exemplares de El Adelanto. Faltan por aparecer os de La Voz de
Bueu. Facemos un novo chamamento para que algún día poida ser de novo lido e
así se cubra definitivamente o valeiro do acontecer dun período da historia de
Bueu.
Etiquetas:
1905,
Beluso,
festa,
La Voz de Bueu
25 de xan. de 2015
A Biblioteca Popular de Bueu - II
Non é de estrañar que
algún amigo me dixera: “Miña nai gustaba de ler moito. Con 95 anos “devoraba”
un libro tras outro. Onde comezou a ler así foi, cando nena, grazas á recen
inaugurada Biblioteca Popular”. E esa non foi unha excepción varios amigos,
todos eles nonaxenarios, comentáronme experiencias similares.
No cabe dúbida de que a
Biblioteca popular foi un revulsivo importante para a cultura bueuense sobre
todo en épocas onde o acceso a un libro estaba vedado para as clases máis
desfavorecidas, que eran maioría.
Sendo alcalde Camilo
Davila Davila prantexase a necesidade da creación dunha Biblioteca Popular
(4-10-1926) e se lle asigna oco para a mesma: No baixo do concello. Para
facilitar os trámites, ao estar alugado o local, nunha sesión ordinaria do
Pleno Municipal (1-12-1926) requírese ao inquilino “D. Domingo Tomé González
para que o trinta e un días do decembro actual deixe a disposición do Concello
a estancia baixa da Casa Consistorial”.
E será o día 7-10-1927
cando o alcalde promotor da mesma inaugure oficialmente a primeira Biblioteca
de Bueu. Primeira, primeira,… quizais non[1].
Á inauguración asistiron todos os nenos e nenas das escolas nacionais e do
Pósito de Pescadores que “admiraron contentísimos a sección infantil, na que figuran numerosos
tomos de contos artisticamente ilustrados...”. Comezou cun catálogo de máis
de 500 volumes.
[1] Como xa
saberedes pola entrada no blog do 15 de outubro de 2012, en xuño do 1889 foi adxudicada unha Biblioteca popular á Escola Pública de
Bueu onde os libros adxudicados foron repartidos entre as escolas que nese
momento existían en Bueu
Etiquetas:
1927,
Biblioteca,
Biblioteca Popular,
Camilo Davila
1 de xan. de 2015
Monecas dos agasallos de Reis “made in” Bueu
Puido ser pero quedou en…
No ano 1966 fixéronse os trámites para montar unha
Cooperativa para a fabricación de monecas a raíz dun curso do Programa
Profesional Obreira (P.P.O.) sobre monequería.
O curso, impartido polos monitores do P.P.O, Mª Dolores
Cordobés e Natividade de Miguel, durou 3 meses. As alumnas foron 18 mulleres
entre as que se atopaban dúas monxas, unha a Superiora do colexio Nosa Señora
de Fátima de Bueu, e a segunda unha Irmá do colexio da Inmaculada de Marín.
Segundo os xornais da época “O resultado non puido ser
máis esperanzador, xa que como consecuencia vaise formar unha Cooperativa para
traballar unidos todos os cursillistas. Quizais sexa a primeira cooperativa de
España nesta modalidade”.
Dado o éxito conseguido nese curso dende o concello
pedíronse máis: un de mecánicos reparadores, outro de auxiliares
administrativos “femininos” e de electricistas industriais.
Pero
que foi da Cooperativa? Fume...como en
tantos proxectos sobre todo no mundo asociativo.28 de dec. de 2014
Manuel A. Bares mercou un coche en 1930
Para quen non se lembre de Manuel Antonio Bares Giráldez
(Bueu 1855-Mercedes 1945) dicirlle que era irmá de Matilde Bares e sobriño de
Ramón Bares. Mestre de profesión que emigrou á Arxentina onde fixo fortuna e
xogou un papel importante como banqueiro, empresario, xornalista e escritor.
O xornal El Correo de Galicia do domingo 15-12-1929 na
súa páxina 14 da a noticia, “logo de larga estancia na capital arxentina,
chegou a Bueu coa súa distinguida familia, o ilustre polígrafo e escritor,
doutor D. Manuel Bares Giraldez”.
Non era a primeira vez que Manuel A. Bares e a súa “distinguida
familia” viñeran de vacacións a Europa xa o fixera en agosto de 1912 e ata
estivera en Bueu con Miguel de Unamuno, da man do amigo común, Víctor Said
Armesto.
Mais esta vez chámame a atención algo tan banal e
insólito como mercar un coche, o digo polas circunstancias da súa visita tanto
temporais como afectivas. Efectivamente, Manuel A. Bares matriculou en Madrid
no mes de maio de 1930 un coche marca Chysler que tiña a matrícula “37962” domiciliado na
rúa Espronceda.
Faltan un minutos para rematar o día dos Santos Inocentes
o digo para aseverarlles que todos os datos expostos son certos…
Etiquetas:
1929,
1930,
Manuel A. Bares,
Manuel Bares
21 de dec. de 2014
Nadal en Ons… pero inaugurado en Pontevedra
Navidades
craras na illa de Ons!
Que a luz
eléctrica non é algo que estea permanentemente presente nas noites da illa de
Ons é algo que todo mundo o sabe. Que as noites sen luz ao longo de meses tamén
o coñecen os insulares de Ons. Que a veces os políticos crearon ilusións que o
tempo ou o “temporal” desbarataron ou simplemente deixaron no esquecemento…
tamén o coñecen.
Unha desas
veces na que por fín na illa comezaban a ver que se facía algo de “luz” e non
meras promesas foi cando o 9 de decembro de 1958 achegáronse ata Ons, para
preparar o transporte dun grupo electróxeno, Pedro Ruibal Sabio Inxeñeiro-xefe
da Delegación de Industria, o Perito Industrial Teodoro Gradín, con dous
oficiais montadores e Diego Pazó, con personal dos seus talleres.
A súa
inauguración ía ser fixada para o “día solemne da Noiteboa” e así lograr
“a altamente social e cristiá iniciativa de electrificar Ons”. Mais “ao
tratar seguidamente do embarque da maquinaria e materiais atopámonos con que,
non só o temporal de auga e mar impedían toda comunicación marítima coa illa,
senón que os dous montadores alí desprazados quedaron nela aillados” e xa
era o día 21 e aínda seguía o porto pechado,
polo que decidiron montalas nun local de Pontevedra “ para que se
poñan en marcha como se estiveran funcionando na illa e sexan bendecidas nun
acto que terá lugar o día 24”.
Características
do grupo electróxeno:
·
Un
motor a gasoil de 40 cabalos
·
Un
alternador de 2º KVA (preto de 30 cabalos)
·
Un
transformador de 3º KVA
·
Un
baño de aceite illante (para elevar a tensión da rede e protexer o alternador)
·
Dous
cadros de mandos (para alternador e rede de distribución)
·
2.500 m. de liñas xerais (fora posta dende setembro)
Etiquetas:
1958,
electrificación,
luz,
Nadal
14 de dec. de 2014
Requisa de máquinas de coser en Bueu
En maio-xuño de 1938 estiveron requisadas todas a
máquinas de coser do concello de Bueu coa intención de que durante os días 27
de maio ao 9 de xuño se confeccionaran prendas de vestir para o Exercito nos
Talleres que Falanxe Española Tradicionalista e das J.O.N.S tiña habilitados
para elo.
Un exconcelleiro negouse a facer entrega da súa máquina
de coser polo que foi denunciado, polo Xefe Local de Falanxe, ante o alcalde
que o cominou a entregala e de non facelo sería acusado de “falta de
cooperación á Causa Nacional” o que levaría consigo penas moi graves.
5 de dec. de 2014
Concello de Cela 1812-1824
No futuro próximo aparecerán na web "Documentación de
Bueu" unha pestana onde fale ou poña cara aos alcaldes do concello de Bueu.
Pero o que agora quero comentar ten que ver co Concello
de Cela. Si lestes ben, Concello de Santa María de Cela que
de “facto” constituíuse o 5 de outubro do 1812. Os seus inicios foron bastante
dificultosos para os representantes do mesmo que foron cominados a disolverse,
cousa á que non accederon e lles supuxo ser arrestados, polo tenente Xeral
Marqués de Campo Sagrado, e conducidos a Santiago. Foron liberados uns días
máis tarde tras facerlles pagar as costas e unha multa. O concello puido quedar
constituído, pese as presións recibidas, por cumprir a Lei Constitucional de
posuír máis de 1.000 habitantes e Cela contaba no 1813 cun censo de 1.630
habitantes.
Pouco máis coñeceríamos dese concello de non ser polo
celo dos entón fundadores e directivos[1],
da Asociación Danzadeira de Bueu que, rescataron dun contedor de lixo papeis
“vellos” e que ao lelos quedaron co que lle pareceu relevante. Un destes é
“Unha nota dos papeis que entregou o Alcalde e Secretario Constitucional
suprimido da Parroquia de Cela” ao xuíz ordinario da Vila de Cangas cando
deixou de ser concello Cela en 1824.
A transcrición do papel feita
por un dos mesmos “rescatadores” é:
Nota
de los papeles que entregó el Alcalde y Secretario Constitucional suprimido de
la Parroquia de Cela
a saber
Un Legajo en que se comprenden las
órdenes recibidas por aquel Ayuntamiento en el año pasado de mil ochocientos y
veinte, compuesto de ciento cincuenta y una hojas
útiles…………………………………………………………………………
Otro Legajo en que se comprenden
las órdenes recibidas por dicho Ayuntamiento en el año de mil ochocientos y
veinte y uno compuesto de ciento setenta y tres hojas útiles…...........................
Otro Legajo en que se comprenden
las órdenes recibidas en el año de mil ochocientos y veinte y dos compuesto de
doscientas cuarenta y nueve hojas………………………………............................
Otro de dichos Legajo de órdenes
recibidas en el año pasado de mil ochocientos y veinte y tres compuesto de
treinta y tres hojas útiles…………………………………………...
Otro Legajo en que se comprenden
los oficios recibidos por dichos Ayuntamientos suprimidos durante los cuatro
años de su ejercicio compuesto de ciento cuarenta y siete de dichos
oficios……………………………………………
Más cuarenta edictos en otro
Legajo que habían recibido para fijar al Público…………...........
Un mazo en que se comprenden las
Actas de renovación de Ayuntamiento compuesto de ocho hojas…………………………………………….
Otro en que se comprenden diez y
siete conciliaciones que habían Acusado en dichos cuatro
años…………………………………………………........
Más Cinco Autos de Acuerdo de
dichos Ayuntamientos suprimidos………………………...............
Un ejemplar de la Instrucción para
el reemplazo del ejercicio dispuesto por la Diputación Provincial de
Galicia………………………………….............................
Entregados los Papeles en los mazos que comprende el
Inventario de Arriba por Domingo del Río, Alcalde suprimido de la Parroquia de
Cela, en el año pasado de mil ochocientos veinte y tres acompañado de Antonio
Morales, Secretario que era de aquel Ayuntamiento Abolido, en la villa de
Cangas a once de septiembre de nil ochocientos veinte y cuatro, y lo firman
conmigo=
Domingo del río Antonio Morales,,
firmado y rubricado firmado y
rubricado
como juez Rlordinario
Ramirez de Sn. Vicente
firmado y rubricado
30 de nov. de 2014
Sociedade de Bueu fiel á República
No xornal ABC, cando este era “Órgano de unión
republicana” aparece en primeira páxina do 21-11-1937 e baixos os titulares:
“España na Arxentina - OS FIEIS Á REPÚBLICA ESPAÑOLA” un longo listado de
entidades e persoas que queren mostrar a súa adhesión ao goberno de España.
Entre esas entidades está a sociedade “Unidos del Ayuntamiento de Bueu”.
O texto que encabeza a listaxe e
que todas asinan é o seguinte: ”Sociedades españolas que expresaron a súa
adhesión ao Goberno lexítimo de España e a súa protesta contra a invasión da
Patria por tropas estranxeiras”
Etiquetas:
1937,
República,
sociedades,
Unidos de Bueu
22 de nov. de 2014
Veciño de Bueu loita cun can rabioso
De cando en vez aparecen na prensa unha serie de
prohibicións dirixidas aos donos de mascotas, principalmente cans: non utilizar
a praia na época estival, igualmente cos parques infantís, limpar excrementos,
ir atados e con boceira se son de razas, etc. Cando a norma para ter (non
posuír) mascotas, fillos,… debese estar regulado de forma natural, entre
outros, polo sentido común pero como non adoita ser así apelo á lema das
asociacións de amigos dos animais: “Tenencia responsábel”.
Como contrapunto, recoñezo que un tanto macabro,
particípovos dunha noticia aparecida no ABC, Sevilla 13-11-1930, falando do
ataque a un veciño de Bueu por parte dun can abandonado con síntomas de
hidrofobia.
Polas festas de San Martiño E.M.P., “cando se
dirixía á verbena, viuse acometido por un can hidrófobo, e entre el e o animal
estableceuse unha loita desesperada.
O can mordeu no peito, e Enrique aproveitou aquel
momento para suxeitarlle fortemente a cabeza, cortándolla cunha navalla que levaba
no peto.
Enrique presentouse na casa do médico da localidade,
sangrando abundantemente, e levando na man a cabeza do can”.
Sen
comentarios!
6 de nov. de 2014
Inauguración do cine “Victoria” en Bueu
O día de San
Martiño de 1920 inaugurouse en Bueu o cine “Victoria”[1]
que como anunciaba a prensa foi o “primeiro salón cinematográfico estable
da vila. Dispoñendo dun proxector Power nº 6B con indutor, fabricado en
Norteamérica”.
O seu
propietario, José Cornide González, prometeu ”contribuír o mellor posible á divulgación do Sétimo Arte, aínda en
mantillas como quen di…”
D. José Cornide
foi Secretario do concello dende novembro de 1909, definitivo dende 1914, ata
1925 en que dimitiu e foise ao concello de O Valadouro-Lugo. A consecuencia
![]() |
| José López Díaz e a súa dona Carmen Gelpi |
disto o cine estivo pechado dous anos ata que un amigo seu, José López Díaz ("Forneiro"),
alugoullo con todo o que nel había (aparato e accesorios, piano, mobiliario,
etc.) por cinco anos a 1.350 ptas (8,11 €) cada ano.
Cando remataron
estes cinco anos o señor Cornide vendeullo a José López Díaz por 6.750 ptas (40,57 €).
De 1954 a 1977 o propietario
foi o mestre José Martínez Camiña que para regular a súa actividade presentou
un proxecto con memoria e planos do arquitecto Emilio Quiroga Losada.
A partires de 1978 pasa a ser
propiedade dos irmáns José e Luís Carballo ata que cesou a actividade
oficialmente o 30 de novembro de 1984.
26 de out. de 2014
Prohibido circular a máis de 10 km/h en Bueu
“Prohibición de
circulación de automóbiles, con exceso de velocidade, e coa válvula de escape
aberta”
Sendo alcalde Camilo Davila no marzo
de 1929, e por ser frecuente o paso pola vila de automóbiles a grande velocidade
(máis de 10 km/h) e/ou facendo un grande ruído por levar a válvula de escape
aberta é polo que decidiu :
1º Notificar unha serie de normas, ao
través do Garda Municipal Manuel Palmeiro, aos condutores e propietarios de automóbiles
deste concello señores Barreiro, Manuel Ríos Pérez, Segundo Filgueira, Benito
Estévez, Gabriel Álvarez, José Cerqueiro, Ernesto Piñeiro, Francisco Cabanillas,
Alejandro García, Escáneo, Attilio Gaggero e Eugenio Novas Budiño.
2º Publicar estas normas como
PROVIDENCIA ou disposición preventiva para conseguir seguridade e tranquilidade
nas rúas do pobo e así evitar ser sancionados con multas por:
·
Circular a máis de 10
km/h dentro do casco do pobo
· Por producir ruídos ou trepidacións
anormais ou por non utilizar dispositivos silenciosos
Se a pesar de ser multado reincide
logo a pena elévase como “desobediencia á autoridade”
20 de out. de 2014
Bueu fede a polbo a secar
A raíz de que o Axudante
de Mariña de Bueu ordenou fosen desfeitas as embarcacións inservibles que había
na Praia para que esta quedara limpa o xornalista de El Adelanto (20-10_1912)
aplaude esta medida pero queixándose de que a orde non sexa xeral a todo tipo
de embarcacións, así como a toda á
Praia.
A continuación fai unha
denuncia expositiva dalgúns lugares “que
tamén serven de estorbo e son focos, ademais, de toda clase de inmundicia e
enfermidades” como os da Banda do Río que ten “na praia uns rolos de piñeiro, secadoiros
de polbo e cheas de leña”.
Fai fincapé especial nos
“secadoiros de polbo en todo tempo e
máis no verán cando o rico molusco áchase en cura, despide un cheiro nada
agradable nin de moi bo efecto” e anima ás autoridades a que lles indiquen
aos “tratantes sitios mellores para a súa seca nas diferentes praias deste
termo, onde non prexudicaría a ningún veciño pola distancia de punto habitado,
nin tampouco obsequiarían aos transeúntes con tal esencia de rosa...
Nisto da limpeza e hixiene pediremos sempre, machucaremos
todos os días, aínda que parezamos pesados, polo que afecta o ornato público e
ao interese que temos en que o pobo de Bueu apareza limpo e respírese aire san
sen perigos de miasmas deletéreas, de tanto microbio como actualmente axéxanos
en cada recuncho e por calquera parte do pobo, sobre todo na praia, (salvo
contados sitios) onde non é posible mirar sen apartar a vista con noxo e
fixarse moito onde se pon o pé…”11 de out. de 2014
Outro naufraxio en Bueu
O semanario republicano de Pontevedra, El Combate do
15 de outubro 1899 na páx. 2, da a noticia de “Outro naufraxio” pero queixándose
da actitude de deus ante a desgraza dos pobres mariñeiros en contraposición á
que o xornalista supón que ten cós “patróns da barca política”. Tamén se lamenta
de pouca solidariedade coas familias afectadas.
Transcrición da noticia
xornalística:
Transcrición da noticia
xornalística:
“Outro naufraxio”
En Bueu naufragou
unha lancha onde ían seis pescadores. Era de noite, e un forte e repentino
empuxe do vento volveu de quilla a embarcación, salvándose os dous mariñeiros
que uno a proa e outro a popa ían alerta, e perecendo o catro que durmían no camarote.
A morte deste catro infelices debeu ser
horrible.
Ao día seguinte
apareceron no seu mesmo dormitorio os catro cadáveres, contraídos nas formas
máis violentas.
Deus, que salvou
de tanto naufraxio a Sagasta, Martínez Campos, Silvela e demais patróns da
barca política, que tanto dano fixeron a España, non quixo salvar a ese catro
homes inofensivos e útiles, que se dedicaban precisamente ao cumprimento do
precepto bíblico: “gañarás o pan coa suor da túa fronte”
Non habemos de
penetrar os designios dunha divina providencia que aos nosos profanos ollos
preséntase tan caprichosa e anómala, e séxanos permitido derramar unha bágoa de
dor por eses catro mártires do devandito precepto bíblico, e dirixir unha
mirada de solidaria pena ás viúvas e orfos dos afogados.
Non podemos facer outra cousa nesta
sociedade inxusta.
Os Sres. Massó
iniciaron unha subscrición a favor das familias das vítimas, que alcanza a
algúns miles de reais.
Se houbese cristiáns nesta terra de
católicos, xa ascendería a varios miles de duros.
E non dicimos máis.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















