Nesta semana temos o Día da Letras Galegas, como é
sabido, dedicada á Valentín Paz Andrade.
Podería vencellar
esta entrada á figura do homenaxeado e a súa relación con Bueu: Que na primaveira do 1931 dou un mítin en
Bueu o mesmo que en outubro do 1932, con
xentes coma Castelao, Bóveda, Suárez Picallo… Que coincidiu con Johán
Carballeira como colaborador da revista “Ser” … que o través do mundo dos
empresarios da pesca tivo relación coa familia Massó,... que no 1952 escribía
sobre a altísima productividade e hixiene no descabezado e eviscerado manual na
fábrica de Massó, que …
...o que agora me apetece é deixar este traballo para
outros e…. volver a lembrar que o
homenaxeado polas Letras Galegas no 1985 foi Antonio Losada Diéguez que, coma
Paz Andrade, era un intelectual galeguista. Que con Vicente Risco e Noguerol
fundou a revista “Nós”, integrante das Irmandades da Fala,… pero tamén foi o
autor do mosaico que presidía a entrada da fábrica de
Massó.
E para non comentalo texto ou facerme preguntas como:
Que foi do mosaico? Por que separaron o diptongo? … acudo ao compañeiro
Carballeira que sempre me da ideas…
Para ver o artigo completo: El Pueblo Gallego (30-5-1936 páx. 16) ou en O Candil nº 5 páx. 46
Para coñecer máis e/ou realizar
actividades sobre a obra e figura de Paz Andrade podemos acudir a moitas páxinas
de centros educativos. Eu aconsello premer aquí para acceder a unha con amplas
propóstas para todas as idades (do Centro
Plirilingüe A Pedra, como non podía ser doutro xeito… sempre á
vangarda!)
Ningún comentario:
Publicar un comentario