Amosando publicacións coa etiqueta Antonio Cerviño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Antonio Cerviño. Amosar todas as publicacións

25 de xan. de 2013

Reclamación do canteiro Antonio Cerviño ao cura de Bueu D. Joaquín González

Fixo hoxe 163 anos (un 24 de xaneiro de 1850) compadeceu ante o alcalde de Bueu Licenciado Juan Lovera por unha parte e doutras Antonio Cerviño veciño de Sta María de Augas Santas (con Francisco de la Rúa como home bo) demandandolle a D. Joaquín González cura de San Martiño de Bueu. O motivo e que lle había contratado unha obra, sen plano e prego de condicións nin escritura. Logo de facerlle todo o que a pe de obra lle mandaba o cura e, por culpa disto, este excedeuse no axustado nun principio pídese que se tase e se lle abone o que supera a cantidade de 800 reais que xa ten recibido. Enterado o cura desta demanda dise sorprendido pola reclamación e descaro con que o Sr. Cerviño presenta esta por injusta e sen fundamento.
As obras eran: as feitas no atrio da Igrexa e ademáis unha escala circular na nova porta aberta así como colocar os asentos ata onde alcanzasen as pedras dos antigos asentos.