Amosando publicacións coa etiqueta periodismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta periodismo. Amosar todas as publicacións

1 de xuño de 2017

Xornal "La Esquina" - Bueu

Dende novembro de 1967 a febreiro de 1968 saíu á rúa un xornal-mural titulado La Esquina. O nome veulle dado por pretender ser un “espazo ou lugar onde comentar, criticar, informar ...” .
Curiosamente comezou a estar exposto na esquina fronte á de Ferrolán, (onde hoxe está o comercio de “A de Rosita” -Rosa Diéguez-). Nese lugar xuntábanse para falar, comentar, criticar, etc., cando o tempo o permitía, os homes que frecuentaban os bares e cafeterías próximas á intersección das rúas Pazos Fontenla e Eduardo Vincenti (Ferrolán, Bar Fénix, Bar Santaclara, Fazáns, ...).
 Como ao estar á intemperie coa chuvia a tinta e as acuarelas dos debuxos manchaba todo e mesmo se desfacía, deron en poñelo, coa autorización de Luís Santaclara, na sala de TV do seu Bar.
Os talleres de impresión era o local da capela de San Xosé. A ‘tirada’ era de un exemplar e a periodicidade semanal. Os primeiros tres ou catro números eran un prego de papel de tamaño DIN A1 (84,1 x 59,4 cm). Logo cada exemplar pasou de un a catro pregos.
Os primeiros exemplares ían asinados coa autorización do alcalde José Mª Massó (idea que xurdiu dos mesmo ‘redactores’ para poñelo con tranquilidade).
A información eran columnas de noticias ou de inquietudes dos mozos que o confeccionaban relacionadas coa actualidade fundamentalmente de Bueu.
Exemplo dunha desas noticias foi cando apareceu reproducido (como imaxe da noticia) o azulexo da Biblioteca Popular que aínda pode verse na porta lateral do concello. Pero a columna ‘periodística’ estaba relacionada có misterio e dúbidas do que podería haber dentro do local. Era unha sátira por anunciarse unha Biblioteca e ninguén podía acceder a ela pois non existía en realidade.
Outros temas recorrentes era sobre as películas que poñían en carteleira. Para iso aproveitaban o folleto parroquial onde se facía a cualificación moral  das películas e, as veces, se alguén vira a película facía un pequeno resumo do argumento. Tamén chegáronse a criticar as condicións das mesmas instalacións do cine como foi o caso do artigo de José Antonio García onde denunciaba, entre outras, o cheiro e as malas condicións dos asentos.

Os promotores, redactores, impresores, etc. que particiron nel foron Paco González, José Riobó (Seso), Gonzalo Calviño, José Antonio García...

8 de dec. de 2012

Fai 100 anos: "El Adelanto"

Fai 100 anos que tal día coma hoxe nacía en Bueu o xornal EL ADELANTO, que se definía coma "Periódico quincenal independiente".
Dirixido por Ricardo Portela Pazos co seguinte equipo de redacción: Claudiano García Santaclara, Cesáreo Ferradas Dominguez, Rogelio Val, Jesús Domínguez, Luís Bolíbar, Ignacio Lis, Amancio de la Cueva, José García e  Ventura García.
A súa información era específicamente local e política. Consérvanse os 34 primeiros números (ata ó 16 de novembro de 1913) de catro páxinas cada un, estando a última adicada á publicidade local.

NOTA: Para acceder a todos os número do xornal premer premer aquí ou ver na web: Bueu Documentación na pestana Xornais.
O único tomo coñecido, con todos os exemplares, logo dun tempo “desaparecido” foi recuperado e posto en custodia na Biblioteca Municipal de Bueu grazas ao bo facer de “Pin Cabanillas” e á desaparecida Asociación Amigos da Biblioteca. E seguimos a lamentar que o mesmo rescate non puidera ser posible, ata agora,  co tomo dos xornais de La Voz de Bueu.
A continuación transcribo o editorial de presentación que se pode ler no Primeiro número de El Adelanto:

Al público
Nuestra presentación y saludo
 Al fundar este periódico guía a sus inspiradores una idea del bien; idea generosa de corazones grandes y altruistas, que ven el mundo, como debe verse hoy, con respeto para todos, blancos y colorados en orden a las ideas, pero que no es obstáculo ni puede serlo, á la defensa de los intereses comunes: nuestro objeto es laborar en bien de todos, hacer obra fertil de trabajo constante, mirando siempre al porvenir, procurando sacudir la modorra de los dormidos, estimulando á unos y á otros en pró del bien general.
Sabido es que la prensa es órgano poderoso de opinión; donde existe un periódico, por modesto que él sea, no llean á consumarse atentados que lo mismo puede perjudicar moral que materialmente; hay cierto respeto, y todos tienen como un saludable temor al escándalo y ludibrio público.
Resulta pues, que es el periódico un heno para los que se envalentonan, á modo de válvula de seguridad, para los que tratan de hacer mangas y capirotes de la cosa pública, sin respeto y sin temor, extaviando la opinión, falseando la verdad, burlando la justicia.
Nuestro programa está condensado en una sola palabra, que es el título del periódico; nuestra bandera es el progreso, nuestras ideas de paz y de concordia.
En nuestras columnas recibirán hospitalidad todos los que de buena fé á ellas acudan y quieran contribuir á toda obra de educación y cultura. Admitiremos todo lo que á nuestro juicio lo merezca, sin merma para la decencia y el pudor á la que rendiremos culto y es, á nuestro entender, la piedra angular del edificio social. No tocaremos para nada el sagrado del hogar, el santuario de la conciencia agena.
Defenderemos con entusiasmo de enamorados todo lo que á Bueu afecte, todo lo que á nuestra Galicia toque, todo lo que á nuestra España se refiera.
Fustigaremos sin piedad á sus infames detractores, porque es preciso decir muy alto, y sostener muy fuerte, que somos gallegos y que esta tierra (que nosotros llamamos de bendición) y la cultura de sus hijos, nada tiene que envidiar á ninguna otra.
Para terminar, dirigimos respetuoso saludo al honorable gallego y distinguido hombre público Excelentísimo Sr. D. Eugenio Montero Rios, al insustituible diputado por el distrito Sr. Vincenti y al jefe indiscutible de la policia local y Presidente de la Diputación D. Antonio Pazos, ilustre trinidad de la que tanto espera Bueu para su felicidad. Saludamos también á las autoridades locales y á la prensa regional, no pudiendo dedicar un sentido recuerdo á La Voz de Bueu, último periódico local que también dejó sentado el pabellón, al dejar de existir.
Saludo cordial al pueblo soberano, que así como esperamos buena acogida, procuraremos hacernos dignos de su aprecio, ya que para nosotros, demócratas de siempre, no existe otro mandatario más que él.
LA REDACCIÓN.