Ás dificultades e penurias posteriores á Civil Española engadíuselle unha prolongada seca, a do 1949, que fixo que a fame cebárase aínda máis na nosa contorna. Coma consecuencia directa desta seca temos a “sublevación” ocorrida na mañá do 2 de xullo dese ano “capitaneada” polo cura de Coiro e Juan C... L... que acudiron cuns 150 veciños máis (Manuel M..., José O..., Antonio C..., Ignacio L..., Ángel L..., Ángel M..., Antonio M..., José G..., José S..., Ramón Q..., …) ata Ermelo. Foron con sachos, legóns, fouciñas,… e chegados aos lagos de Compra, Fontanciña e Esperón destruíronos e así, coas augas “soltas” regaron as súas veigas de Coiro. Desta actuación queixábase o alcalde de barrio de Ermelo pois os seus veciños “non poderían estancar a auga como viñan facendo dende tempos moi afastados”. E no posterior escrito de denuncia dos feitos ao Gobernador Civil por parte do concello de Bueu o rematan dicindo “Esas
augas, segundo rumores circulados pola referida Ermelo, son aproveitadas polo
mencionado Sr. Cura, quen dispón das sobrantes, vendéndoas aos seus conveciños”.
Amosando publicacións coa etiqueta auga b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta auga b>. Amosar todas as publicacións
14 de maio de 2015
Veciños de Coiro capitaneados polo cura fanse coa auga de Ermelo
1 de abr. de 2015
Abastecemento de augas en Bueu - 1885
No ano 1885 o alcalde do concello de Bueu, Jaime Bolíbar, encargou a D. Jenaro de la Fuente y Domínguez[1] un Proxecto[2] para o abastecemento de augas para o núcleo da vila. A xustificación do mesmo ven dada pola infradotación deste prezado líquido que ven a padecer este pobo xa que nese momento non posúe máis auga potábel que a subministrada por “un pequeno caudal que case que desaparece durante a estiaxe e está situado entre unhas rochas do lado Oeste da costa moi afastado, polo tanto, do núcleo de poboación por onde o aproveitamento faixe moi difícil e imposíbel durante as horas de preamar. Como consecuencia de tan deficiente situación os veciños teñen a necesidade de acudir a algún que outro propietario dun pequeno manancial ou pozo...”
Do manancial atopado “no extremo recto do camiño de entrada á Vila que forma unha verdadeira e ben aliñada rúa e que haxa necesidade de percorrer para ir á igrexa”. Fala da rúa Canibelos onde a poucos metros do actual Ramal dos Galos estaba a “Boca da mina”. Proxecta a ampliación e perforación da mesma nuns 100 metros (de 0,70 x 1,20 m.) cunha estimación de aproveitamento dun caudal de 1.028,57 l/h. Onde a lonxitude da canalización sería de 341,5 metros e o importe de toda a obra ascendería a 8.160 pesetas.
Na memoria da obra xógase co número de habitantes de Bueu (1620 h.), dos veciños afectados (697) e poboación residente na praia (127) para facerlles corresponder aos futuros usuarios a 32 litros/persoa. Para o cal á veciñanza da praia abasteceríase dunha monumental fonte proxectada na rúa Montero Ríos fronte á Eduado Vincenti (Preto da actual Praza de Abastos) que se elevaría “nunha especie de praciña ou explanada” .
Dita fonte non se fixo nunca e a obra tardou anos en ser de novo licitada.
[1] D. Jenaro de la Fuente y Domínguez (1851-1922), valisoletano que exerceu como “mestre de obras” nunha grande cantidade de proxectos que se realizaron na súa época na capital olívica e en concellos limítrofes. Foi Director Facultativo da Obras municipais de Vigo así como profesor de debuxo, etc.
No debemos confundilo co seu fillo, Jenaro de la Fuente y Álvarez, arquitecto que construíu o estadio de Balaídos.
[2] Logo ratificado polo arquitecto Antonio Crespo.
Etiquetas:
1885,
alcalde,
auga,
fonte,
Jaime Bolíbar
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



