17 de maio de 2021

Bombas tamén en Bueu

 Nestes días, no que o zoar dos mísiles e de todo tipo de bombas rematan o seu camiño segando vidas, moitas delas nenos, ponse de manifesto que a vacina contra o horror funciona. Insensibilízanos contra a dor afastada.

A comunidade internacional axusta o campo de visión ao seu embigo e o sufrimento silenciado está servido.

Aínda que a súa existencia sexa allea aos “conflitos”, “disputas”, “enfrontamentos”, etc. serán os máis débiles os que leven case sempre o selo de “vítimas colaterais”.

O xogo vai ser o compás que os faga felices e que os guíe no camiño de medrar, pero as veces ese camiño acaba no cemiterio palestino, israelí, de Bueu...

Tamén sabido é que non fai falla que haxa guerra para morrer pola guerra senón que llo pregunten aos nenos Gaspar González Trigo e ao seu compañeiro Ramón Chaves Núñez, de 10 e 8 anos respectivamente, que estando a xogar no monte de Bueu, o 30 de outubro de 1938, atoparon “unha bomba en forma de piña” e tirárona contra unha pedra. Explotou!  Ramón con “extensas feridas na cara interior e exterior de ambas coxas, antebrazo dereito e cara”. Gaspar “sufriu feridas nas extremidades superiores e inferiores con perda da man esquerda e fractura con afundimento e saída de masa encefálica na rexión frontal” a consecuencia das que morreu ao día seguinte no Hospital provincial.

  Hai quen me di que non sempre ocorre así, que outras veces teñen sorte e poden avisar para desactivalas, como cando no marzo do 2018 apareceu un proxectil da Guerra Civil no soto dunha vivenda en obras en Ons...

Certo! E menos mal!

Pero as que zoan no aire ou camiñan en silencio seguen a matar! 

E nós ao noso...

9 de maio de 2021

𝐈𝐧 𝐦𝐞𝐦ó𝐫𝐢𝐚𝐦 𝐝𝐞 𝐉𝐨𝐬é 𝐌𝐚𝐧𝐮𝐞𝐥 𝐂𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐞𝐫𝐨 𝐁𝐨𝐧𝐚𝐥𝐝

 Sempre que cae unha páxina dese grande libro en construción que é a LITERATURA, a paisaxe da beleza escóndese abrazada polas bágoas da brétema para chorar en solitario. Nese silencio sen retorno camiña agora un artesán da palabra, José Manuel Caballero Bonald, levando na memoria un recuncho de Bueu.

Quero lembrar aquí a amizade e a simbioses de C. Bonald coa contorna de Bueu e non tanto ao Premio Nacional de Poesía, ao Premio Cervantes, ao Premio Francisco Umbral, nin ao longo etcétera de títulos que como poeta, novelista ou ensaísta aportan aureolas de recoñecemento a un labor excepcional, tarefa que deixo para os estudosos e divulgadores da cultura en xeral e da literatura en particular.   

O médico José Luís Barros Malvar amigo persoal de Caballero Bonald serviu coma imán para que este se achegase a gozar en repetidas ocasións da súa casa de Pedrón (Udra-Beluso). A  súa afección polo mar levouno a estudar tamén náutica e astronomía pero, sobre todo, a gozar do contacto co el a través da navegación. Aquí navegou e aquí tamén creou. Quen queira ler entre liñas nalgunhas da obras de Caballero Bonald atoparase coa a amizade do galeno e co mar calmo da ría.

Pero tamén Bueu de forma explícita na súa obra como en «Entreguerras»  (“... aquel tránsito brusco de Madrid a Sanlúcar de Barcelona a Praga de la Habana a Sevilla de Bueu a Jerez de París a Palma de Mallorca...”) ou en «Mar adentro» onde na páxina 31 fala dun “... anciano patrón de pesca gallego de Bueu, desembarcado estancado cerca de Barbate,...”. Na páxina 92: "...Compartir con esos marineros sus modestas faenas en la costa balear de Andraitx o en pontevedresa Bueu..." e na páxina 196 cita a Carlos Casares “... que un marinero de Bueu al que llaman Capitán Lobo Negro, antiguo pescador de ballenas, murió del trallazo que le asestó a la embarcación donde iba un pulpo gigante...

Quixera deixar constancia de que as areas de Pedrón ao igual que a escuma da ría hai tempo que choran a túa ausencia. DEP

 

Nota: Aconsello reler o artigo que no 2017 escribira en Periodistas en español.com o bueués Francisco Rodríguez Pastoriza «Caballero Bonald nos descubre genios, ingenios yotros especímenes».  De aí é a caricatura de Caballero Bonald feita por Xulio Formoso

1 de maio de 2021

O primeiro Capitán de Pesca español era de Cela: José Loira García

Fai tempo que desexaba poñer de manifesto a algunha persoa relacionada co mar. Entre os que barallaba estaba José Loira, veciño meu moito tempo e pai de amigos. Gratitude que tamén lle debía polo seu facer.

José Loira García naceu en Castrelo-Cela ás cinco da tarde do domingo dous de agosto de 1925 e, uns días despois de cumprir os 91 anos, faleceu en Seixo (Marín) o 27-8-2016.

Na súa Cela natal era dos de “Curro”, por parte do pai e “mariñeiros de toda a vida”.

1928-Escola de José García Hermida-Cela

O seu primeiro contacto coa escola foi en Parapía-Cela, que desde 1927 rexentaba nese lugar, José García Hermida. Este mestre o marcou positivamente xa que era unha persoa moi activa non só no ámbito da escola senón como dinamizador do colectivo do profesorado. No 1936 e logo no 1940 foi suspendido do cargo e posteriormente, como tantos outros, desterrado ao lugar de Barreiros en Salvaterra. O mesmo José Loira nunha entrevista conta como anécdota que un cuarto de século despois atopou ao seu antigo mestre e este lle fixo entrega dun caderno de exercicios, corrixidos e asinados, de cando estaba na escola con 11 anos.

O seu futuro gustaríalle que fose coma médico, quizais para emular a outros veciños, coma Manuel Riobó que ata chegara a mercar a Illa de Ons, pero a realidade económica da familia púxolle os pés nunha chalana da rapeta aos 13 anos. Durante un tempo traballou en barcos de baixura, de aí pasou a outros que pescaban sardiña para a fábrica de Massó.

Desde 1942, e durante moitos anos, traballa na Casa MAR (acrónimo de Motopesqueros de Altura Reunidos). Con aspiracións de postos máis relevantes decide estudar para ingresar na Escola de Pesca de Vigo. Para o cal queda uns días, antes dos exames, a preparar estes na escola do Pósito de Bueu que levaba D. José Martínez. Sinalásenos que foi o único da zona que aprobou dito ingreso. Tras un curso na Escola segue a traballar na mesma compañía. Saca, con 19 anos, o título de Patrón de Pesca de Gran Altura.  E co paso do tempo decidiu facer o bacharelato e, en 1963, o temos co número 1 da recen creada titulación de Capitán de Pesca.  Pero José Loira non contento con iso cinco anos despois sacou o título de Capitán da Marina Mercante.  

José Loira García

Como puidemos comprobar na súa traxectoria académica, como pescador acadou as máis altas cotas, tamén foi armador, e o seu paso polo traballo duro dos mares tamén o describe a súa libreta de mar: dende a costa galega e portuguesa, Gran Sol, Canarias, Sudáfrica ata recalar definitivamente polo continente norteamericano en Groenlandia, Boston, Canadá e, como non, polo mundo do bacallau en Terranova, de onde se retirou en 1989.

14 de abr. de 2021

Proclamación da República: Bueu no 14 de abril de 1931

 As alegrías, os medos, as esperanzas, as alarmas, as ilusións, os desenganos, etc. danse simultaneamente en case todos os eventos de tipo social e político.

Unha sociedade que maioritariamente tiña moito que gañar e moi pouco que perder, pois pouco posuía, acolleu nos primeiros meses do 1931, a chegada do novo cambio político cunhas expectativas difíciles de acadar en pouco tempo xa que subverter séculos de miseria e imposición, tarefa descomunal e case imposible. O tren da modernidade, do progreso, da democracia, etc. estaba lonxe pero había que intentar collelo.

Polo que non é de estrañar que pobos, por todo o territorio español, se lanzasen ás rúa a manifestar a súa esperanza na recente proclamada República. Bueu non foi unha excepción e a pequena recensión do correspondente de El Pueblo Gallego así no lo confirma:

A noticia de ter proclamada a República en toda España foi acollida nesta localidade con satisfacción xeral.

Grupos numerosos, entusiasmados pola boa nova, non cesaban de aclamar á República.

Disparáronse bombas ao tempo que en medio dos grupos xurdían bandeiras tricolor que eran paseadas en triunfo.

Formáronse manifestacións que recorreron as rúas do pobo, abundando os vítores e aclamacións e os aplausos do xentío que presenciaba seu paso.

O discurso pronunciado en Madrid polo señor Alcalá Zamora foi oído pola radio en casinos e casas particulares.

A impresión no pobo é en xeral excelente, imperando o comentario favorable ao novo réxime.” 

Dicir que nunha desas manifestacións ía de abandeirado un rapaz, que había pouco chegara a Bueu, chamado Gonzalo Torrente Ballester. Aí o puideron ver por vez primeira moitas rapazas de Bueu, entre elas estaban Mª Eugenia Bolíbar e una tal Josefa Malvido coa que un tempo despois casaría.

1 de abr. de 2021

Médico da Inquisición contra Abade de Beluso – 1691-1693

 Fai 330 anos o Tribunal da Inquisición de Santiago de Compostela declárase incompetente nun preito que o enfrontaba coa xurisdición eclesiástica. Este fora promovido, e posteriormente apelado, por Juan Antonio Posse de Soto contra Benito de Mondragón, abade de Santa María de Beluso. O demandante, Juan Antonio Posse, era médico titular do Santo Oficio da Inquisición de Santiago que reclamaba unhas herdades de Figueiro, Rubín e Nogueira, lugares de Bon (Beluso).

A resolución dos xuíces foi exemplarizante xa que non só se declararon incompetentes senón que “condenaron ao demandante ás costas  persoais e procesais, o multaron en certa cantidade de mrs’ e outras cousas que dito auto conten”.

A partires desta noticia precisaríanse moitas aclaracións sobre a mesma. Pero logo de tantos séculos non é doado preguntar e responder de feito contundente  e documentado a todos os interrogantes que puideran xurdir.  

Tratarei de buscarlle resposta ou polo menos dar pistas, a tres preguntas que me fago:

-         Cal é a relación de Juan Antonio Posse con Beluso como para dicir que esas terras eran súas?

Pazo do Souto
Na ampla documentación manexada nunca apareceu relación directa ou indirecta con Juan Antonio Posse de Soto médico do Sto. Oficio da Inquisición de Santiago e señor do pazo do Souto en Sísamo-Carballo. Polo que as miñas pescudas foron por coñecer quen fora a súa muller e se esta ou a súa familia tiña relación con Bueu.

Atopei que esta chamábase Mª Antonia Freire de Castro e Gesto. Ata aquí nada relevante pero ao ver o nome da súa nai acendeuse a luz de posibles pistas: María Freire e Andrade.

Tendo en conta que, por esas datas, o abade de Bueu era o Comisario do Sto. Oficio D. Fernando de la Rúa Freire e Andrade e que este era moi dado a utilizar a súa influenza para facerse con moitísimas propiedades de forma cando menos que sospeitosa...

Moita coincidencia que pola deriva que leva, pouco documentada, non gusto de afondar.   

-         As terras en litixio seguiron pertencendo aos Mondragón?

Nun primeiro momento a resposta é clara que si, pois o tribunal declarouse incompetente no litixio e polo tanto seguiron pertencendo aos beneficiarios da fábrica de Sta. María de Beluso.

Dicir que este Benito Mondragón citado na sentencia (houbo outro co mesmo nome e apelidos a finais do s. XVIII e principios do XIX) que doou á igrexa de Beluso algunhas das terras que posuía, como a tomada de Baliños en 1671.

-         Sabemos algunha referencia máis desas tres herdades?

Con toda probabilidade haxa máis referencias pero citarei, a modo de exemplo, un documento aparecido século e medio despois nas que se describen dúas das tres.  

Atopámolas dentro dos ‘bens raíces’ da zona de Beluso da Liquidación e partillas de Dna Mª Rosa Avalle, viúva de Pedro Plá, aos seu fillos en 1842:

- “En baldemaría del expto lugar de Bon terro a labradío dela semba de tres cuartos, da por la parte del norte con el Río de Rubín, por la del sur con riego de agua, por la […]; de pensión al foral de requeijo del Marqués de Castelar de que es cabezalero José Ferradás seis concas y cuarta de mediado; al de la fábrica de esta parroqa dos más y media cuarta dela misma especie; y un real y dos mrs a la Capilla de la concección de Ximeu: valor liqd cuatrocientos noventa y dos”

-         - “En donde se nombra Figueiro comprendido en el refdo lugar de Bon en Ysqueiro do valo, medio ferrado y cuatro varas labradío, limita por la parte norte con camino común, por la del sud con vallado y sanja, por la de levante con terrenos de los herederos de Vicente Carballo y por el poniente con otro de los mismos y de Bartolomé Menduíña, tienen de pensión medio ferrado de mediado de primicia de la cual se regula en tres cientos cincuenta rs” vn”

 

Nota: Para acceder á documentación orixinal que hai no Arquivo Histórico Nacional, sinatura: INQUISICIÓN,2040,Exp.3a  sobre os Poderes para á apelación podedes premer aquí.
 
 
Inicio da transcrición da documentación

Anexo – 1

 “En la ciudad de Santiago a veintinueve días del mes de noviembre de mil seiscientos noventa y uno ante mi escribano y testigos Pareció presente el Licenciado Dn Juan Antonio Posse de Soto médico ministro titular del Santo Oficio de la Inquisición de este reino y dijo daría y otorgaría todo su poder amplio a que de derecho. De régimen y bienes a Dn Tomás Rei Veloso procurador de los Reales escribanos y del supremo de la Santa Inquisición de España  con cláusula de jurar y su escritura, para en nombre del otorgante se presente en grado de apelación  y como me da comienzo ante su Alteza los Señores del dicho Consejo supremo de  un auto dado por los ojos de la Inquisición del Santo Oficio de este Reino en el pleito que en el clérigo entre el responde contra Dn Benito de Mondragón reverendo de Sta María Beluso de este arzobispado sobre y en reverendo de Ons bienes aquel otórgale ...” 

Anexo- 2

Ante mí, Suarez de Armesto en nombre del Don Juan Antonio Posse de Soto médico y ministro titular de este Santo Oficio, en este caso con el Licenciado Don Benito Mondragón rector de Santa María de Beluso sobre la tomada que se dice de Figueiro heredades Rubín y Nogueira en que a noticia de mi parte y mía es venido Vs:fuese absurdo dar Auto, Por donde se abstuvo del conocimiento de esta Causa Condenando  a mi parte en las costas Personales y procesales, multándole y lo más que menciona a que me refiero y por ser perjudicial y gravoso A mi parte por los motivos que resultan del pleito a su favor apoyando decididamente a pelo de dicho Auto y su efecto para delante Ilustrísimo señor Inquisidor General y señores del Supremo Consejo de la Inquisición pido y suplico a Vs: se sirva admitir esta apelación en ambos efectos y que de ella se me dé testimonio para poderla mejorar ante dichos señores con las instancias en tal caso necesarias sobre lo que pido cumplimiento de justicia con costas Juro lo necesario= Doctor Dn Antonio de Loira = García = Presentada en la Inquisición de Santiago.

Veintisiete días del mes de noviembre de mil seiscientos y noventa y un años estando en la audiencia de la mañana los señores inquisidores Don Matías Flores de Mora, licenciado Don Marcos Bierra de Otero y Don Juan de Monroy = y por dichos señores inquisidores. Vista dijeron por presentada júntese a los autos traslado y sin perjuicio de lo provisto se le dé a él taparse el testimonio que pide y mejore su apelación dentro de treinta días con apercibimiento …. De que hago fe = Don Francisco Antonio de Parga = en la ciudad de Santiago  a veintiocho días del mes de noviembre de mil seiscientos noventa y uno años y notario ministro de los Santo Oficio notifique el Auto de arriba a Antonio Juarez de Armesto como procurador de esta parte en persona quedó … y que suplica a su señoría los señores inquisidores …. Concederle la termino para…

 
Anexos – 3

Tomas Rei Veloso en nombre del Doctor Dn Juan Antonio Posse de Sotto médico titular del Santo Oficio de la Inquisición de la ciudad de Santiago= En pleito con el Lizdo Don Benito Mondragón rector de Santa María de Beluso= sobre la tomada llamada de Figueiro y heredades de Rubín y Nogueira=afirmándome en la apelación interpuesta por mi parte y a mayor abundamiento apelando de nuevo al auto proveído en dicho pleito por los Inquisidores Apostólicos, de dicha Santa Inquisición en que se declararon por no jueces de dicho pleito y condenaron a mi parte en las costas  personales y procesales y le multaron en cierta cantidad de mrs’ y otras cosas que dicho auto contiene â que me refiero= me presento ante VA: en este grado y en cabida y forma que más convenga= Y digo …