No ano 1939 créase en Cartagena (Murcia) a
primeira banda de “gaitas galegas” na Infantería de Mariña Española. A “culpable”
de que se constituíse esta, e de que nos actos da Armada Española houbese “representación
da música galega”, foi dunha gaita de Beluso e do seu dono Manolo Barros
Comedeiro, naquel tempo infante de mariña.
Conformaban a banda 32 gaitas mercadas nun
establecemento da rúa Velázquez Moreno de Vigo. O encargado de recollelas e
transportalas ata Cartagena foi o mesmo Manuel Comedeiro. Os compoñentes eran
case que todos galegos e mallorquinos; e a primeira peza que tocaron fora
“Baila, miña Maruxa”. Participaron no “Desfile da Victoria” dese ano e ese foi
o empurrón para que se consolidara a ”banda de gaitas na Infantería de Mariña”.
[1] Libraría Librouro de Vigo, editora do
libro.

